salceda 2017

O PSOE de Salceda elixirá en xaneiro á persoa candidata ás municipais de 2019

Executiva do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas Executiva do PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas

A executiva local do PSdeG-PSOE de Salceda pechou, nos últimos días, a data na cal se elixirá a próxima candidata ou candidato á alcaldía, que representará a súa forza política nas próximas eleccións municipais de maio. Apostan dende a executiva por un proceso aberto, transparente e democrático, a través da asemblea que se celebrará o domingo 20 de xaneiro.

A intención das e dos socialistas é manter “a maior transparencia, información e participación posible dos afiliados, que case se duplicaron en número na última lexislatura. E deste xeito garantir o mellor proxecto para o noso municipio”.

Engaden que o importante "é facer chegar á cidadanía a mensaxe do PSOE e a capacidade para gobernar o Concello". Para elo, “levamos traballado toda a lexislatura, dende o Grupo Municipal e tamén con grupos de traballo para encarar con forza as próximas eleccións”, rematan os socialistas de Salceda