O Porriño

O mel adozará Porriño na vindeira fin de semana

Esta vindeira fin de semana, o mel volverá adozar as rúas do centro do Porriño coa celebración da vixésimo sétima edición da "Feira Apícola Rías Baixas" de Porriño, que como vén acontecendo os últimos anos chega acompañada do mercado das tentacións "Bee Happy Market".

Pablo Novo, candidato do BNG-AA en Chenlo

Unha asemblea aberta do BNG aprobou por unanimidade a candidatura de Pablo Novo para presidir a Entidade Local Menor de Chenlo. Traballador nun negocio familiar de automóbiles e recambios, Novo é na actualidade vogal do Bloque na Xunta Veciñal de Chenlo e ven exercendo nos últimos catro anos a oposición ao goberno do PP na parroquia.

Reptigalia chega ao Porriño

Tras o seu exitoso paso por outros concellos da provincia, a concellaría de Cultura do Concello de Porriño, que dirixe Teresa Veloso, trae Porriño a exposición de réptiles "Reptigalia". Deste modo, do 15 ao 21 de abril, Porriño converterase nun espazo científico e educativo onde se poderán contemplar 100 exemplares vivos de réptiles chegados de diversas partes do planeta, expostos en 40 terrarios que simulan o seu hábitat natural.

Supermercados solidarios

O programa municipal de alimentos SOS Porriño, coa axuda dos supermercados do municipio, organiza este sábado unha campaña de recollida de recollida de leite e alimentos infantís. Trátase dos produtos máis demandados polos usuarios, e dos cales non existe reserva neste momento.

Suscribirse a este canal RSS