O Porriño

Maio, mes do Fútbol Praia e Padbol no Porriño

O Porriño acollerá os próximos 30 e 31 de maio o Campionato de Fútbol Praia Outdoor que, tras ser aprazado a causa do mal tempo, finalmente se disputará no municipio porrinés. Un evento deportivo sen precedentes que, unha vez máis, demostra aquilo de que “querer é poder” e que é posible practicar calquera modalidade deportiva se o Concello ten vontade de facelo.

Nelson Santos pediu en Santiago á ampliación do Centro de Saúde

Os presupostos da Xunta de Galicia para o 2016 incluirán unha partida orzamentaria destinada ás obras de ampliación do Centro de Saúde de Porriño, así o asegurou a conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Rocío Mosquera, na reunión que esta mañá mantivo có alcalde do Porriño, Nelson Santos, e coa concelleira de Sanidade, María José Martínez, no Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde no santiagués barrio de San Lázaro.

O BNG do Porriño ampliará a rede de saneamento nas parroquias

O BNG do Porriño asegurou que ampliará a rede de saneamentos nas parroquias do Porriño, “ante as demandas veciñais recollidas pola formación nacionalista” no proceso de asembleas abertas que desenvolveu cara os comicios do 24 de maio. Pedro Pereira, candidato á alcaldía polo BNG-Asembleas Abertas, explicou tamén á veciñanza que o seu programa de goberno inclúe un transporte interparroquial.

Suscribirse a este canal RSS