O Porriño

Nelson Santos e M. Alejandro Lorenzo visitan o campo de fútbol O Carballo

Os concelleiros populares Nelson Santos e M. Alejandro Lorenzo, visitaron esta mañá o campo de fútbol O Carballo de Atios, acompañados polo tamén edil e presidente da U.D. Atios, Ramón Porto, e por José Manuel Fernández, integrante da lista popular por Atios, para comprobar o estado de execución das obras de construción da nova bancada de público.

A Policía Local do Porriño detivo na tarde de onte un ladrón en Carracido

Unha patrulla da Policía Local porriñesa detivo na tarde de onte a J.F.M (20), natural das Neves, como presunto autor do roubo nunha vivenda particular. Esta detención é o primeiro resultado dunha discreta campaña especial de vixiancia iniciada o 3 de agosto en colaboración coa Guardia Civil. Existen sospeitas razoadas de que o detido e un cómplice que se deu a fuga, poderían ser os mesmos autores dos roubos acontecidos fai uns días en Atios.

Porremprego abre o prazo de inscrición no curso “Prevención de Riscos Laborais para autónomos”

O Concello do Porriño a través de Porremprego, dependente da concellería de Emprego e Formación que dirixe Raúl Francés, oferta un curso gratuíto de Prevención de Riscos Laborais, dirixido a traballadores por conta propia e que ten unha duración de 80 horas en modalidade mixta. A data límite para inscribirse será o día 7 de agosto.

O curso constará de 20 horas presenciais a desenvolver dende o17 ao 27 de agosto  a razón de dúas horas e media diarias en horario de 08:00 h a 10:30 h. Esta actividade presencial se desenvolverá no Multicentro de Torneiros.
Amais das horas presenciais, impartiránse un total de 60 horas de teleformación a través da plataforma habilitada ó efecto, dende o 17 ó 31 de agosto ó longo de 5 horas e media. Este curso está repartido en 7 módulos: Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, riscos xerais e a súa prevención, riscos específicos e a súa prevención, elementos básicos de xestión da prevención de riscos laborais, actuación en casos de emerxencia e primeiros auxilios, plan de evaluación de riscos e promoción da igualdade.

Os interesados e intereadas teñen como data límite o venres 7 de agosto e deberán anotarse, a través de Porremprego, ben presencialmente no Multicentro de Torneiros, Ribeira s/n, 36410, O Porriño; telefónicamente no número 986 338 217, ou a través dun correo electrónico no e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A documentación necesaria xa está dispoñible na web de Porremprego e consta de:
- Solicitude de participación firmada.
- Solicitude da Lei de Protección de Datos, modelo C.

Amáis haberá que presentar unha fotocopia do DNI, fotocopia do derradeiro recibo de autónomo e, a posteriori, o correspondente á data de inicio do curso e vida laboral actualizada unha vez iniciado o curso.

Suscribirse a este canal RSS