Porriño 2017

O Porriño

Eva García reúnese cos traballadores de 'Levantina' e levará o problema ante a Xunta

O comité de personal e traballadores de 'Levantina' acudiron onte ao Concello de Porriño para expoñer a súa preocupación polo inminente ERE que a empresa granitera quere aplicar e solicitar a intercesión da alcaldesa. Eva García de la torre, que abriu as portas do salón de sesions para celebrar a reunión e acoller a todolos asistentes, comprometeuse con eles a facer chegar á dirección da empresa “a preocupación do Concello polo impacto negativo que tería ese ERE para 33 familias de Porriño”.

O Porriño abre expediente informativo a Xesnatura pola "reiteración de incidentes"

"Ante a reiteración de lumes nas instalacions da empresa Xesnatura nas súas naves en chan industrial de Porriño", a alcaldesa Eva García ordenou o pasado día 2 de abril “a apertura dun expediente informativo”. “Queremos saber as circunstancias deste último incidente de anoite –o día 1– e dentro do ámbito das nosas competencias, o Concello actuará”, dixo a alcaldesa.

Eva García de la Torre recibe o xoves ao comité de empresa de 'Levantina'

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, reunirase mañá xoves ás 18 horas, co comité de empresa de 'Levantina y Asociados de Minerales' que pedirá á primeira autoridade municipal o seu apoio ante o expediente de regulación de emprego da firma granitera que se propón eliminar 33 postos de traballo da factoría porriñesa.

Eva García insta á Xunta a retomar o plan de descontaminación do lindano

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, enviou unha carta dirixida a Angeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, solicitandolle crear unha comisión técnica entre Concello de Porriño e Xunta de Galicia para "retomar o plan de descontaminación do lindano". A carta tivo data de entrada na Consellería o pasado 28 de marzo e, segundo o Concello do Porriño, "ainda non houbo resposta".

'Semana pola Memoria' da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño-Louriña

O pasado venres presentábase, no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, a programación da 'II Semana pola Memoria', iniciativa organizada pola comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño-Louriña. Na presentación destas actividades, que se desenvolverán entre o 6 e o 14 de abril, estiveron presentes representanes dos distintos concellos implicados na programación destas xornadas.

Suscribirse a este canal RSS