A AA.VV. San Benito e San Sebastián do Porriño celebrou a súa asemblea anual

O pasado venres 26, a Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián celebrou a súa asamblea anual, na que, entre outros temasde interese para os veciños e veciñas dos barrios, a xunta directiva presentou as contas do ano 2015 nas que se produciu un superavit de 2.100 euros con respecto ao ano anterior e se informou aos socios e socias dos movementos e principais importes dos gastos e ingresos realizados no ano 2015.

Asimesmo a presidenta da Asociación, Carmen Rodríguez, informou do avance do orzamento para o ano 2016 no que destacou a próxima sinatura do convenio co Concello do Porriño, un feito que permitirá ingresar 6.000 euros para a realización de actividades nos barrios e que beneficiará aos veciños e veciñas.

Asimesmo, a Xunta directiva presentou o avance das actividades para este ano, no que o aumento de fondos vais permitir a realización dun marior número delas. Entre elas, a maiores das tradicionais Festas do Chouripán e o Calacú, destacaron a organización de novos eventos como o ciclo “Cine nos Barrios”, a Semana Cultural dos Barrios e o Certame literario 'Manuel Otero Saavedra', entre outros.

Na sección de obras e necesidades, os socios destacaron varios problemas existentes nos barrios que é preciso reformar de xeito urxente, entre eles a necesidade de afrontar a limpeza urxente do río Louro logo das fortes choivas que fixeron aflorar grandes cantidades de plásticos e lixos ao longo de todo o trazado. Asimesmo, varios socios solicitaron que se realicen obras de mellora e mantemento dos barrios, como o asfaltado, a renovación do saneamento na rúa Manuel Rodríguez ou a mellora de varias beirarrúas.

Mención aparte mereceu a proposta dun socio de propoñer ao Concello o nomeamento do entorno da capela de San Sebastián como Praza de Fidenciano Palacín, o antigo carteiro do Porriño, que foi un dos maiores impulsores desa festa e da mellora do barrio, feito que foi aprobado por unanimidade.

Nos vindeiros meses, porase en marcha o programa de actividades proposto pola Xunta Directiva.