O Concello do Porriño concede axudas a trece asociacións culturais e veciñais

A alcaldesa, Eva García de la Torre, cos representantes das asociacións culturais e veciñais A alcaldesa, Eva García de la Torre, cos representantes das asociacións culturais e veciñais

O goberno local do Porriño aprobou o pago de 48.400 € a 13 asociacións culturais e veciñais do concello, dacordo coas axudas nominativas as mesmas recollidas nos orzamentos para este ano 2015. Segundo o concelleiro de Facenda, Raúl Francés, “estas cantidades, abranguidas nos convenios asinados entre o Concello e estas entidades serven para sufragar servizos que estas asociacións prestan,
esencialmente no eido rural e, fundamentalmente, referidas ao ámbito cultural e, principalmente, social”.

Francés amosa a súa sorpresa polo feito de que este ano estas axudas estaban ainda sen otorgar, “cando estas asociacións, que representan a forza do mobimento asociativo do Porriño, necesitaban estas cantidades a principio de ano para poder desenrolar o seu traballo” o cal cualifica de “deixadez sen ustificación”.

Como xa adelantara a alcaldesa, Eva García de la Torre, o goberno local ten intención de persistir e incidir na liña de colaboración con estas entidades, “dada a laboura que desenrolan que, en moitos casos é fundamental para os porriñeses que viven nas parroquias”.

De cara ao ano que ven, a intención é, cando se aprobé un novo orzamento, incrementar a cuantía destas axudas, “en especiel no que se refire ás asociacións que se ocupan de traballos sociais e culturais e,
asimesmo, deseñar un novo modelo de reparto para que as contribucións que fai o Concello sexan máis equilibrada e equitativas”.