O Porriño toma medidas para contrarrestar a presenza masiva de pombas

O Concello de Porriño, ante a petición xeralizada de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios do centro urbán, vén de contratar á empresa Rentokil para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica. A empresa que ten sede no polígono porriñés da Granxa, está a expensas da autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para iniciar os traballos de trampeo que deberán alongarse durante un ano, a través de acción mensuais.

pombas porrinho 02

Polas estimacións dos técnicos de Rentokil, uns 300 exemplares compoñen a poboación de pombas que actualmente hai no centro urbán da cidade, segundo a explicación que representantes da firma deron ós concelleiros do goberno municipal, Lourdes Moure e Orlando Marquez.

A colocación de xaulas para a captura destes animais realizaráse no edificio de Instalauto, o carón da Praza da Central; e tamén no edificio do Concello, en praza Arquitecto Antonio Palacios. En ambos os dous comprobouse que as pombas colocan os seus niños e polo tanto se concentran en eles a meirande parte destas aves.