Alejandro Lorenzo presenta un equipo "comprometido e capaz para reconstruir O Porriño"

O candidato dos populares á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, presentou hoxe ás 27 persoas que o acompaña no equipo cara as vindeiras eleccións municipais. Arroupado polo presidente provincial, Alfonso Rueda, e polos simpatizantes e amigos que acudiron ao acto, Lorenzo presentou oficialmente ao seu equipo, un grupo comprometido coas súas parroquias e o seu pobo", mulleres e homes de todas as idades que traballarán arreo ao lado do que para eles é o mellor alcalde para O Porriño.

O candidato destacou deles a súa validez e capacidade de traballo. "Para min hai unha palabra que define a un bo alcalde: traballo. Estar ao servizo da veciñanza supón renunciar ao egoísmo, aos teus intereses persoais, e adicarte en corpo e alma a procurar o mellor para O Porriño. Esto é o que esixo a quen da este paso conmigo", inicidiu, "E por iso hoxe presento orgulloso e seguro a este equipo que me acompaña, un grupo de persoas implicadas, eficaces e traballadoras que están dispostas a dar todo por este pobo".

A todos eles quixo lanzarlle unha mensaxe de ilusión ante a etapa que xuntos comezan para buscar ese cambio que O Porriño precisa. "Estamos nun momento de enquisas, de quinielas, de comparacións e críticas, un momento de tensión. Por iso quero pedirvos que non vos esquezades de disfrutar esta campaña. Sodes parte esencial do cambio", trasladoulles, "Estamos nun dos momento máis importantes das nosas vidas no que temos o privilexio de poder debuxar O Porriño que queremos para os próximos ano "Loitade cada un de vós polo que queredes para o noso pobo e para os nosos veciños e disfrutade mentras o conseguimos".

AlejandroLorenzo presentacion candidatura 02

Alejandro Lorenzo lembrou que nos atopamos "nun momento decisivo" e comprometeu a "máxima implicación, servizo á veciñanza e traballo en equipo" para levar a O Porriño a mellor. "Temos o proxecto, temos a capacidade e temos as ganas", suliñou. "Tras catro anos de oscurantismo, de parálise municipal, co Concello sumido nun pozo de débedas e mala imaxe, chegou o momento de reconstruir o Porriño. Chegou o momento de cambiar as cousas porque a veciñanza o merece. Merece respecto e merece ser escoitada".

É por iso que vos pediu aos veciños e veciñas a súa confianza "que confiedes en min, que me dedes a oportunidade de cumplir os compromisos que adquirín con todos vós", concluíu, "Nunca deixarei de esforzarme polo meu único interese: O Porriño".

Pola súa banda, o presidente provincial, Alfonso Rueda, afirmou que Alejandro Lorenzo Alonso é o alcalde que necesita O Porriño “para recuperar a ilusión e o tempo perdido estes catro anos” e volver a un goberno serio que devolva á localidade, “unha referencia dentro da provincia”, ao lugar que merece.

Rueda suliñou a honestidade, o carácter, a determinación e a ilusión por mellorar a vida dos seus veciños do candidato, ao que definiu como unha persoa dialogante, moi cercana e das que sabe da importancia de ter boa interlocución co resto das administracións para conseguir acordos beneficiosos.

O presidente provincial chamou a unir ás forzas en torno aos populares como “única alternativa de goberno en O Porriño”, onde se presentan “co mellor equipo”, cun programa ambicioso e coa consigna de gañar ás eleccións para ofrecer un mandato estable e capaz de sacar adiante os proxectos de futuro necesarios.

AlejandroLorenzo presentacion candidatura 03

Durante o acto o trompetista Rubén Simeó, acompañado por Cristian Rodríguez, ofreceu un pequeno concerto para deleite dos asistentes.

A lista presentada por Lorenzo está encabezada nos dez primeiros postos polo presidente e adestrador do Club Balomano Porriño, 2.Abel Estévez, 3.Carolina González, profesora no CEIP Plurilingue de Atios, 4. Ramón Porto, empresario do sector do transporte que repite tras catro anos como concelleiro da corporación, 5. Antía Carrera, opositora, 6. José Carlos González, traballador do sector da automoción e presidente da AVV de Orbenlle que volve concurrir tras catro anos como concelleiro, 7. Bienvenido Estévez, delineante proxectista e membro da CM Pontellas e da directiva da AC San Xurxo de Mosende, 8. Ana María Martínez Paradela, profesora de Educación Infantil que repite como concelleira, 9. Rosario Costas, técnico de orientación laboral e 10. Marcos Martínez, vicepresidente da AVV de Cans.

No 11.José Manuel Estévez, hostaleiro e actual concelleiro da corporación, 12. Antonio Barros, cantante, 13. Rosa Isabel Alonso, administrativo e directiva da ANPA do CEIP Cruz Budiño, 14. Ricardo Losada, economista e directivo do Porriño Baloncesto Base, 15. Soraya Perez, traballadora do sector da automoción, 16. Miguel Ángel Martínez, traballador do sector plástico,17. Aida Oya, opositora a Notarías.

Como suplentes 18. Anxo Pazo, 19. Matilde Campos, 20. André Vázquez, 21.Barbara María Troncoso, 22. Sergio Bugarín, 23. Sergio Iglesias, 24. Jorge Rodríguez, 25. María Josefa Calvar, 26. Pedro Besada e pechando a lista, a que fora concelleira de Cultura , María José Iglesias.