O Centro Cultural do Porriño acolle a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson

A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidiu hoxe a inauguración da exposición 'Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia' que se exhibirá no Centro Cultural Municipal ata o 2 de xuño. Walter Alvarez , director territorial de ABanca e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de AFundación, asistiron tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición ao Porriño.

“Como muller e como alcaldesa síntome moi orugullosa de que a nosa cidade acolla esta mostra de fotografía baseada na obra dunha muller pioneira do seu tempo”, dixo Eva García de la Torre na súa intervención. A alcaldesa do Porriño valorou que “a calidade do traballo vai máis aló das imaxes; reflexou como ningún antes unha Galicia rural e costeira en tempos de depresión, retraso e pobreza”.

Nesa misma liña, Paloma Vela, en representación de AFundación sinalou que a mostra “presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dos anos vinte”. E salientou a capacidade desa xoven neoiorquina “para aprender algo de galego e castelán o que lle facilitou aproximarse ás xentes e que incluso lle franquearán ó acceso as súas casas para reflectir con tanto coidado e empatía a realidade da nosa terra”.

exposicion RuthMatildaAnderson porrinho 03

A exposición, de entrada libre e gratuíta pódese visitar de luns a venres en horario de 8:30 h a 20:30 h. O xoves, coincidindo coa inauguración, un grupo de 25 estudantes do IES Pino Manso, do Porriño participaron da primeira visita guíada á mostra.

Entre as fotografías seleccionadas para exhibirse no Porriño ocupan un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na vila e unha delas serve para o cartel anunciador. Está alcumada como 'Método para carrexar un cesto entre Mondariz e Porriño'. Foi sacada por Ruth matilda Anderson o 12 de septiembre de 1924 e serve ademáis como imaxe do programa de mán da exposición.