O BNG do Porriño adapta o seu programa electoral á lectura fácil

Cami Moreira e Pedro Pereira xunto co grupo de autoxestores Cami Moreira e Pedro Pereira xunto co grupo de autoxestores

Este luns o BNG do Porriño reuniuse co grupo de autoxestores de ACEESCA para trasladarlle a adaptación á lectura fácil do seu programa electoral para as próximas eleccións municipais. “Seguimos dando pasos a prol da igualdade de dereitos para todas as veciñas e veciños, e o dereito de acceso á información debe ser universal", sinalou a formación nacionalista.

Precisamente por ese dereito universal de acceso á información, o BNG realiza esta adaptación a lectura fácil, "á que seguirá tamén unha versión en braille. Con estas dúas versións adaptadas do noso programa electoral esperamos facer chegar as nosas iniciativas a toda a veciñanza. Quen mellor que o equipo de autoxestores de ACEESCA para validar o noso primeiro programa en lectura fácil”, explica o BNG.

Os nacionalistas do Porriño reunironse co grupo de autoxestores de Aceesca, para trasladarlle a adpatación a lectura fácil do programa electoral para as próximas eleccións municipais. “Quen mellor ca eles para darmos pautas de corrección e melloras á lectura fácil”, asegurou o portavoz Pedro Pereira.