Porriño 2017

O papel actual da muller, a debate no Porriño

Leire Pajín, exministra de Sanidade e Igualdade; Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Erguete e Carla Reyes, presidenta da asociación Executivas Galicia, compartirán o vindeiro martes 12 en Porriño un interesantísimo debate sobre o papel actual das mulleres. A cita será as 19:30 h no Centro Cultural Municipal e forma parte da programación «As Mulleres fan Porriño», iniciativa promovida polo Concello co gallo do 8M.

Leire Pajín preside actualmente REDS (Rede Española para o Desenrolo Sostible). Ten relatado que na súa ampla carreira en cargos públicos, especialmente cando foi ministra do goberno de Rodriguez Zapatero, tivo que soportar ataques machistas de diversos políticos da oposición coma León de la Riva, quen fora alcalde de Valladolid.

Carmen Avendaño, sobranceira activista social, nai contra as drogas e alma mater da asociación Erguete, ten sufrido moitos vilipendios dos capos do narcotráfico contra os que ten batallado tantos anos.
Carla Reyes, xornalista colaboradora en diversos medios informativos, preside hai cinco anos a asociación Executivas Galicia desde onde manten un activismo baseado en que as mulleres acaden a sua independencia económica defendendo os intereses das mulleres directivas de empresas en Galicia.