Porriño 2017

O PP porriñés lamenta que a "falta de xestión" do Goberno prexudique á veciñanza

Alejandro Lorenzo, no centro, portavoz do grupo municipal do PP no Porriño Alejandro Lorenzo, no centro, portavoz do grupo municipal do PP no Porriño

O candidato do PP á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, achacou hoxe á "nula capacidade de xestión" do Concello do Porriño, o feito de que veciñas e veciños véxanse prexudicados ao non terse tramitado a tempo a solicitude da rebaixa do 10 % do canon de Sogama, tal e como fixeron o 77 % dos municipios galegos adheridos a este modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos.

Sogama ofrecía, ata o 25 de febreiro de 2019, a todos os concellos adheridos ao seu modelo de xestión do lixo "a posibilidade de acollerse a esta rebaixa do 10 % de aplicación directa aos usuarios". O trámite a seguir, explica Alejandro Lorenzo, era sinxelo "e consistía en solicitar por escrito a Sogama a aplicación da bonificación referida antes desa data e asumir, por parte do Concello, o compromiso de trasladar dita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo". Finalmente o Concello "tíñase que comprometer tamén á adopción de medidas orientadas cara á reducción da producción de residuos e/ou o incremento e fomento da reciclaxe".

Ademais da publicación no DOG, a empresa pública remitiu cartas a todos os concellos adscritos ao seu sistema explicando a iniciativa, que se reforzaron posteriormente con correos electrónicos nos que se profundizaba na mesma. Tendo en conta estas circunstancias, Lorenzo amosou o seu malestar pola “falta de reflexos” da alcaldesa Eva García de la Torre, lamentando "o seu alto custe tanto para o Concello como para os veciños".