Mos

Xiramos, de Mos, segundo posto no Trofeo Don Quijote disputado en Toledo

O pasado 6 de abril, sábado, os rapaces da Agrupación de Patinaxe 'Xiramos' de Mos participaron no 'II Trofeo Don Quijote' en Santa Cruz de la Zarza (Toledo), obtendo un magnífico segundo posto na súa categoría do grupo 'Dentro del tiempo'. 'Xiramos' competía, amais, con outros dous grupos: 'Welcome' e 'Miradas en la noche'.

Morre un home en Mos ao quedar atrapado debaixo dunha árbore

Un home perdeu a vida na tarde de onte ao quedar atrapado debaixo dunha árbore no municipio de Mos. Un particular daba aviso ao 112 Galicia pasadas as catro e media da tarde de onte dando conta do suceso que tivo lugar no Camiño do Porto, no barrio da Igrexa na parroquia mosense de Tameiga.

Medio Ambiente tramita un proxecto que prevé crear 42 empregos en Mos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a tramitar un proxecto singular promovido pola Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) no parque da Veigadaña (Mos) e que suporía un investimento directo duns oito millóns de euros por parte das empresas implicadas, que gardan relación, fundamentalmente, co sector do automóbil. Así o avanzou durante unha visita á sede de AEMOS para coñecer os detalles da iniciativa a conselleira Ángeles Vázquez, quen subliñou a importancia e o impacto positivo que terá un proxecto destas dimensións para o Concello de Mos.

Mariano Rajoy asistirá ao xantar dos populares do Baixo Miño e Louriña

O expresidente Mariano Rajoy arroupará en Mos a Ana Pastor no xantar dos populares do Baixo Miño e Louriña que se desenvolverá o sábado 13 de abril ás 13:30 horas en Sanguiñeda, Mos. Así o anunciaron hoxe os candidatos e candidatas destas comarcas no acto de presentación que tivo lugar na sede dos populares porriñeses.

Mos desenvolve un programa de rozado dos camiños municipais

O Concello de Mos vén de investir máis de 100.000 euros en limpar todas as cunetas e marxes dos camiños municipais nas 10 parroquias mosenses durante 3 meses. Os traballos iniciáronse o pasado luns e a empresa adxudicataria, especializada no servizo, atópase actuando actualmente nas parroquias de Dornelas e Tameiga. Este plan municipal de desbroce que se leva a cabo anualmente realízase mediante os medios mecánicos necesarios con carga en camión, con transporte de terra e material sobrante, e con operarios e medios auxiliares incluíndo sinalización.

Mos acolle unha nova edición das Mesas Sectoriais de Medio Ambiente

A reciclaxe, a posta en valor dos activos paisaxísticos e naturais dos concellos ou as medidas que teñen na súa man os concellos para mellorar nos ámbitos da mobilidade e a sustentabilidade a través dos programas da Deputación de Pontevedra ou da captación de fondos europeos foron algúns dos aspectos que se abordaron na mesa sectorial dedicada ao Medio Ambiente que acolleu Mos no serán de onte.

Suscribirse a este canal RSS