Alfonso Rueda visita Mos para visibilizar o apio da Xunta apoia ás asociacións mosenses

Alfonso Rueda na visita que realizou á A.VV. Chan do Bosque  de Amieirolongo-Sanguiñeda Alfonso Rueda na visita que realizou á A.VV. Chan do Bosque de Amieirolongo-Sanguiñeda

O vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitou na tarde de onte a tres asociacións mosenses, a Asociación de Veciños de Dornelas, a A.V.V. Chan do Bosque (Amieirolongo-Sanguiñeda) e a A.V.V. Santa Ana de Veigadaña (Petelos). Rueda estivo acompañado por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Marta Fernández-Tapias, directora xeral de Administración Local; Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo e membros do equipo de Goberno local.

Alfonso Rueda visitou, deste xeito, tres das oito asociacións mosenses ás que a consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza subvencionou este ano dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións de veciños, confederacións, federacións, ou unión de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia. A maiores o vicepresidente anunciou que se concederán estas axudas a dúas Comunidades de Augas mosenses máis, co que a cifra total de entidades subvencionadas será de 10, sumando un total de preto de 120.000 euros. Rueda informou, así mesmo, que o Concello de Mos é o municipio de Galicia que máis asociacións subvencionadas ten dentro desta liña de axudas no presente ano 2017.

rueda dornelas

O vicepresidente da Xunta de Galicia coa Asociación de Veciños de Dornelas 

As oito subvencións xa concedidas pola administración autonómica en Mos a través deste Plan suman 72.886,27 euros (sen contar as dúa Comunidades de Augas a maiores anunciadas esta mesma tarde) distrubuídos entre as seguintes asociacións: Asociación de Veciños de Dornelas, Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, Comunidade de Usuarios de Auga Mina do Ferreiro, Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado, Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, Traída de Augas de Cotiño-Dornelas, Asociación de Veciños Chan do Bosque e Asociación de Veciños San Rafael de Pereiras.

A Asociación de Veciños de Dornelas recibiu unha subvención para a mellora do local social San Franco consistente en traballos de optimización das paredes, chan, falso teito, instalación eléctrica e fontanería. Así como adaptación do cuarto de baño de homes para o uso de persoas incapacitadas, instalación de barandilla de aceiro inoxidable na subida das escaleiras e movemento de todas as ventás cara ao interior para logo recercalas en pedra e aluminio.

rueda veigadanhaAlfonso Rueda con veciños e veciñas da A.VV de Veigadaña

Pola súa banda a Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña recibiu a axuda para equipar con mobiliario unha cociña acometida o ano pasado grazas á anterior convocatoria desta mesma liña de subxencións da consellería de Presidencia. Dita cociña ten a finalidade de dar servizo aos peregrino do albergue instalado no local da Asociación de Veciños e ofertar cursos de cociña para os veciños da parroquia.

A contía económica concedida á Comunidade de Usuarios de Auga Mina do Ferreiro vai destinada á mellora do seu depósito mediante a optimización exterior e canalóns da estrutura, instalación de 22 contadores de auga, mellora do cuarto de maquinaria e instalación dun equipo de clorímetro.

Á Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Celado concedéuselle á axuda para mellorar o seu local social mediante a dotación de equipamento consistente fundamentalmente en sillas e estores para as fiestras.

A mellora da accesibilidade do Centro Cultural Os Castros é o fin ao que se destina a subvención concedida á Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras. Dita mellora da accesibilidade require dunha importante obra de supresión de barreiras físicas mediante a instalación dun ascensor na zona exterior.

A Traída de Augas de Cotiño-Dornelas executará unha obra de acometida de auga de traída na carretera de Puxeiros a Mos, á altura do cruce de baixada á Igrexa de Dornelas ata a ponte. Trátase dun tramo duns 300 metros grazas ao que se abastecerá de auga a cinco vivendas unifamiliares.

A Asociación de Veciños Chan do Bosque realizará a instalación dun sistema de calefacción mediante estufa de pellets e tubería de reparto e a colocación dun portal de peche dotado de guías, motor e mecanismos.

E por último a Asociación de Veciños de San Rafael en Pereiras realizará unha obra de mellora de accesibilidade e condicións do seu local que optimice a comunicación entre os dous andares coa acometida dunhas escaleiras interiores. Tamén se instalará tarima flotante no primeiro andar e mellorarase a estética do local mediante o pintado interior e da ampliación externa, así como coa colocación de accesorios.