Mos homenaxea a 'Xiramos' polo segundo posto no 'Trofeo Don Quijote'

Os 14 rapaces e rapazas integrantes do grupo 'Dentro del tiempo' do club patinaxe 'Xiramos' de Mos, foron recibidos esta tarde no salón de sesións do Concello de Mos que, con esta recepción, quería recoñecerlles o magnífico traballo realizado no 'Trofeo Don Quijote' onde acadaron o segundo posto. As patinadoras e patinadores estiveron acompañados pola acaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo e demais membros da Corporación Municipal.

O pasado 6 de abril, sábado e tal e como dabamos conta en Comarcas na Rede, os rapaces da agrupación mosense de patinaxe Xiramos participaron no II Trofeo Don Quijote en Santa Cruz de la Zarza (Toledo) con tres grupos: 'Welcome', 'Miradas en la noche' e 'Dentro del tiempo'. Foi con este último co que obtiveron o segundo posto na súa categoría.