Logo
Imprimir esta página

Mos aproba a segunda fase da humanización de Cela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos, aprobou a segunda fase do proxecto de humanización en Cela. Esta segunda fase humanizará a Estrada Generoso Domínguez desde o Camiño de Quinta ata a Igrexa de San Pedro de Cela. A obra conta cun orzamento base de licitación de 360.166,86 € máis IVE segundo consta no proxecto técnico redactado polo enxeñeiro en febreiro de 2019. 

O proxecto que ten un prazo de execución de catro meses. A primeira fase, que se atopa en execución, iniciouse o pasado 3 de xaneiro e vai dende a Estrada PO-331 Porriño-Gondomar ata o Camiño da Quinta e conta cun orzamento de 177.277,02 € máis IVE.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados