O Concello inviste 14.800 € nun colchón de chan para as ximnastas do Acroclub Nigrán

O Concello de Nigrán ven de instalar no ximnasio do CEIP Humberto Juanes un colchón de chan Flexiroll SPIETH de 14 x 14 metros por un importe total de 14.768,66 €. Esta aparello, enrolable e homologado para alta competición, é un dos mellores que se poden atopar no mercado e resulta fundamental para que o Acroclub Nigrán desenvolva a súa actividade deportiva. Ademais, poderá ser empregado polos alumnos do centro escolar para a súa educación física e servirá para que a Policía Local de Nigrán realice prácticas.

Deporte e solidariedade no V Torneo Basket Sen Barreiras do C.B. Nigrán

Define a Real Academia Española, no seu diccionario, a palabra redundancia como "Emprego de palabras innecesarias para expresar unha idea ou concepto por estar xa expresado con outras palabras ou por sobreentenderse en elas". Así pois, e dende esa definición, os termos C.B. Nigrán e solidariedade son redundantes porque, no primeiro xa vai implícido o segundo.

O PP de Nigrán presenta a súa candidatura ás municipais de maio

O candidato á Alcaldía de Nigrán polo Partido Popular, Carlos Abal, vén de presentar a súa candidatura ás eleccións municipais do próximo mes de maio. Un equipo de traballo “completo e equilibrado, no que están representados os intereses e necesidades das sete parroquias do municipio, formado por persoas responsables, humildes e traballadoras que quixeron sumarse ao noso proxecto co fin de poñer o concello ao servizo dos seus veciños”, sinala o candidato..

Manifesto Miñor–En Marea presenta a súa candidatura ás Municipais no Concello de Baiona

Manifesto Miñor–En Marea Baiona vén de presentar a candidatura con que a formación concorrerá ás Municipais do mes de maio no Concello de Baiona, una lista, sinala a formación asamblearia, "formada por persoas do común e comprometidas cun cambio no noso concello". Son, afirma Manifesto Miñor "un grupo de mulleres e homes convencidxs da necesidade dunha alternativa para transformar Baiona nun Concello para á veciñanza".

Nigrán dota de desfibriladores aos colexios públicos do municipio

O Concello de Nigrán iniciou esta semana a instalación de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) en tódolos colexios públicos, converténdose así nun dos municipios de Galicia e de España máis cardioprotexidos. Estes aparellos para a Escola Infantil A Galiña Azul, CEIP Carlos Casares (Vilariño), Cruz (Camos), Mallón, Humberto Juanes (Nigrán), EI As Dunas engádense aos catro adquiridos para a Policía Local e a Casa Consistorial, outros tres para os espazos deportivos (Pabillón, Condomínguez e campo de Vilariño) e ao aluguer de tres para os postos de socorrismo das praias no verán.

Concerto de Heredeiros da Crus en Baiona o 20 de abril

O vindeiro 20 de abril no parque da Palma, terá lugar o concerto do mítico grupo de rock galego 'Heredeiros da Crus', organizado polo Concello de Baiona coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do programa Musigal 2019. A mítica banda de Castiñeira (Ribeira-A Coruña) publicaron o seu primeiro disco 'A Cuadrilla de Pepa a Loba', un álbum que marcou un antes e un despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como 'Quero josar' o 'O fillo de José'.

Suscribirse a este canal RSS