Redondela

Xela Arias, inmortalizada na Biblioteca de Chapela

A biblioteca pública municipal de Chapela pasará a chamarse, dende o vindeiro luns, 22 de abril, 'Biblioteca Pública Municipal Xela Arias'. Deste xeito, Redondela inmortaliza a esta escritora, poetisa y traductora finada no ano 2003. A cerimonia terá lugar ás 17:00 h no Multiúsos do Piñeiral do Crego onde se atopa situada a biblioteca de Chapela, distintas autoridades darán a coñecer a placa conmemorativa que asignará o nome de Xela Arias ao centro bibliotecario.

Corenta e un anos para o home asasinou a un mozo en Chapela

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a 41 anos de cárcere ao home que asasinou a un mozo dun disparo no peito na praia de Arealonga, en Chapela, durante a noite de San Xoán de 2017. O sospeitoso foi sentenciado a 24 anos de prisión como autor dun delito de asasinato, a 10 anos por tentar asasinar a outro mozo e a cinco anos por intento de homicidio aos dous axentes da Policía Nacional que o detiveron. A Audiencia tamén lle impuxo dous anos de cárcere por cometer un delito de tenencia ilícita de armas.

Rivas asegura que o goberno redondelá fai “oídos xordos” á precariedade dos Servizos Sociais

“Dende o 2016 levamos reclamando, dende o grupo municipal do PSdeG-Redondela, a necesidade de que os Servizos Sociais municipais conten cunhas instalacións axeitadas, accesibles e nas que a privacidade dos usuarios e usuarias estea garantida”, afirmou hoxe Digna Rivas ao chamar a atención sobre a “precaria situación deste departamento municipal” situado nunhas instalacións que “non cumpren ningunha desas condicións”.

Digna Rivas: “Hoxe comezamos a construír unha Redondela igualitaria, equitativa e xusta”

“Hoxe comezamos a construír unha Redondela igualitaria, equitativa e xusta”, asegurou Digna Rivas na súa presentación como candidata á alcaldía de Redondela no acto celebrado este venres no Pazo de Vilavella. Rivas, nun salón de actos ateigado de público, daba as grazas a todos e todas pola súa presenza cunha mención especial para a presidenta da Deputación de Pontevedra, Camela Silva “que é o meu referente en política e quen me apoiou neste importante paso de liderar un proxecto de futuro para Redondela”.

Redondela doa os produtos da horta ecolóxica a Cáritas

O alcalde de Redondela, Javier Bas, e a Concelleira de Servizos Sociais, Carmen Amoedo, visitaron esta mañá ao alumnado do Obradoiro de Agricultura Ecolóxica, visita que respondía a unha causa solidaria xa que, os integrantes do Obradoiro, colleitaron 140 escarolas rizadas, 73 escarolas lisas e 8 leitugas vermellas que lle serán entregadas a Cáritas Redondela.

Nacho González súmase á candidatura de Digna Rivas

Nacho González, profesional do sector do automóbil de 45 anos e veciño de Chapela, vén de sumarse, como número 4, á candidatura do PSdeG-PSOE de Redondela para as vindeiras municipais do mes de maio que encabeza Digna Rivas. Ben coñecido e querido polos seus conveciños e conveciñas, Nacho González xestiona, dende hai máis de 30 anos, un taller familiar do automóbil na súa parroquia natal.

Suscribirse a este canal RSS