O Porriño abre o Leader Galicia ás ideas de asociacións e colectivos

O Concello do Porriño ven de convocar a colectivos e asociacións locais a unha reunión informativa do Grupo de Desenvolmento Rural MAIV- Baixo Miño, o vindeiro xoves, día 26 de maio, ás 20:00 horas no Centro Cultural. O obxectivo desta xuntanza é que estas entidades poidan aportar ideas de cara a definir as liñas estratéxicas para desenrolar proxectos subvencionados polo Novo Programa LEADER Galicia 2014-2020.

O pasado día 2 de marzo, foron publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOGA) as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014–2020.

Para a elaboración desta estratexia, é fundamental a participación activa das comunidades locais no seu deseño, que supoña un fluxo de información e unha influencia real no proceso de toma de decisións. A participación está aberta a todos os sectores públicos e privados do territorio, incluíndo a todos os colectivos que queiran participar.

A finalidade destas reunións é dar a coñecer o Programa Leader, a importancia da participación ciudadana na elaboración de Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo e animar aos colectivos a formar parte desta entidade como socios con voz e voto.