É noticia...

A Deputación colabora coa Asociación Galega do Linfedema

A Deputación de Pontevedra editou unha guía sobre a enfermidade do Linfedema en colaboración coa Asociación Galega de Linfedema (AGL), publicación que hoxe foi entregada pola deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, para que a asociación poida facer a súa entrega o próximo domingo, día seis de marzo, que se quere instaurar como o “Día Mundial do Linfedema”.

Marqués de Vizhoja subcampión no raid de Badajoz

O equipo de Marqués de Vizhoja en aventura mixto e o Neumáticos J.L. en aventura másculino, ámbolos dous pertencentes ao Club Cornelios de Pontevedra, acadaron senllos segundos postos na proba disputada a pasada semana en Oliva de la Frontera (Badajo) e que era a primeira proba da Liga Española de Raids de aventura.

A Deputación entrega os diplomas de Técnicos e Directivos Deportivos

A deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Chelo Besada e a deputada de Cohesión Social e Mocidade, Digna Rivas, fixeron entrega dos diplomas do III Curso de Formación Continua para Técnicos e Directivos de Entidades Deportivas, no que participaron 128 alumnos e alumnas, dos cales 75 eran técnicos e 53, directivos. Ámbalas dúas deputadas provinciais estaban acompañadas por un representante de Sportis Formación Deportiva, a entidade que impartiu o curso.

A Deputación acolle a presentación do equipo ciclista 'Supermercados Froiz'

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o fundador da empresa Froiz, Magín Froiz, acompañados pola deputada de deportes Chelo Besada, concelleiros de Pontevedra e Poio e o ex ciclista Álvaro Pino, acolleron ó grupo deportivo ciclista “Supermercados Froiz” na presentación da plantilla de corredores e corpo técnico.

A Deputación impulsa o 'Camiño Portugués' cos concellos de Pontevedra e norte de Portugal

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co deputado delegado de cooperación, David Regades, deu a coñecer esta mañá o proxecto “Camiño Portugués: conservación e valoración do Camiño Portugués de Santiago. O patrimonio cultural e natural como factor de desenvolvemento económico”. Este proxecto, liderado pola institución provincial e no que participan os trece concellos da provincia e as catro cámaras municipais do Norte de Portugal polas que discorre o Camiño Portugués, opta ós fondos europeos INTERREG V-POCTEP, Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal.

A Deputación da a coñecer o CPAE 2.0 aos axentes sectoriais

A Deputación de Pontevedra acolleu, esta mañá, unha reunión con axentes sectoriais da provincia de Pontevedra para impulsar o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial. Acudiron ata o Pazo Provincial representantes de FEGAPE, do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo e da Asociación de Comerciantes de Ponteareas que coñeceron, da man do deputado Javier Dios, o funcionamento do CPAE 2.0, servizo de asesoramento TIC para as empresas.

Suscribirse a este canal RSS