É noticia...

A Deputación entrega os diplomas de Técnicos e Directivos Deportivos

A deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Chelo Besada e a deputada de Cohesión Social e Mocidade, Digna Rivas, fixeron entrega dos diplomas do III Curso de Formación Continua para Técnicos e Directivos de Entidades Deportivas, no que participaron 128 alumnos e alumnas, dos cales 75 eran técnicos e 53, directivos. Ámbalas dúas deputadas provinciais estaban acompañadas por un representante de Sportis Formación Deportiva, a entidade que impartiu o curso.

A Deputación acolle a presentación do equipo ciclista 'Supermercados Froiz'

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o fundador da empresa Froiz, Magín Froiz, acompañados pola deputada de deportes Chelo Besada, concelleiros de Pontevedra e Poio e o ex ciclista Álvaro Pino, acolleron ó grupo deportivo ciclista “Supermercados Froiz” na presentación da plantilla de corredores e corpo técnico.

A Deputación impulsa o 'Camiño Portugués' cos concellos de Pontevedra e norte de Portugal

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto co deputado delegado de cooperación, David Regades, deu a coñecer esta mañá o proxecto “Camiño Portugués: conservación e valoración do Camiño Portugués de Santiago. O patrimonio cultural e natural como factor de desenvolvemento económico”. Este proxecto, liderado pola institución provincial e no que participan os trece concellos da provincia e as catro cámaras municipais do Norte de Portugal polas que discorre o Camiño Portugués, opta ós fondos europeos INTERREG V-POCTEP, Programa de Cooperación Transfronteiriza España- Portugal.

A Deputación da a coñecer o CPAE 2.0 aos axentes sectoriais

A Deputación de Pontevedra acolleu, esta mañá, unha reunión con axentes sectoriais da provincia de Pontevedra para impulsar o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial. Acudiron ata o Pazo Provincial representantes de FEGAPE, do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo e da Asociación de Comerciantes de Ponteareas que coñeceron, da man do deputado Javier Dios, o funcionamento do CPAE 2.0, servizo de asesoramento TIC para as empresas.

'Franquiatlántico' presenta a Carmela Silva o Salón das Franquicias

A directora de 'Franquiatlántico', Raquel Robledo, presentoulle hose luns á Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a XVI edición do Salón das Franquicias que celebrarase en Vigo entre o 26 e 27 de febreiro. Ambas mantiveron unha xuntanza esta mañana, na que a directora de Franquiatlántico informou do despegue deste sistema empresarial na nosa comunidade autónoma onde temos 48 empresas que estenden a súa actividade en todo o territorio nacional e algunhas a nivel internacional.

Cambio radical na xestión dos recursos humanos da Deputación

O deputado provincial, Carlos López Font, anuncio hoxe "un cambio radical na xestión dos recursos humanos na Deputación" ao sinalar que o organismo provincial creará varias bolsas de emprego coas persoas que se presenten e aproben as probas selectivas para a cobertura e prazas de interinos, seguindo o modelo que se utiliza noutras administracións públicas.

Suscribirse a este canal RSS