É noticia...

DepoAventura A Lanzada arranca hoxe con 11 quendas repletas de actividades

A Deputación de Pontevedra pon en marcha dende este domingo o programa DepoAventura A Lanzada 2019, con 11 quendas cheas de actividades dirixidas a 2.200 mozas e mozos de entre 8 e 13 anos da provincia de Pontevedra. A quenda coa que arranca o programa estenderase entre o 23 e o 29 de xuño e contará con 200 participantes que darán o pistoletazo de saída ás actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas dos campamentos da Lanzada.

Carmela Silva: "apoiar a película de 'María Solinha' é un investimento na cultura"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou esta mañá a nova película de Ignacio Vilar, 'María Solinha”', que se gravará integramente na provincia e asegurou que “apoiar proxectos coma este non só é un investimento, senón tamén unha inmersión na cultura da nosa provincia”.

Maioría de mulleres na representación socialista na nova Deputación de Pontevedra

As e os socialistas da provincia de Pontevedra elixiron este mércores por unanimidade aos 12 deputados que acompañarán a Carmela Silva na Deputación de Pontevedra durante o próximo mandato. Trátase dunha lista caracterizada pola renovación, onde só tres deputadas e deputados, ademais da actual presidenta, repiten no cargo, todas e todos eles polo partido xudicial de Vigo e concelleiras e concelleiros da cidade olívica: Carlos López Font, Isaura Abelairas e Santos Héctor Rodríguez.

A fachada da Deputación, escenario para clamar contra as violencias machistas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a escritora Ledicia Costas, xunto a deputadas e deputados provinciais, encabezou esta mañá a concentración “1000 nomes contra o machismo” no que se escoitou os nomes das 1.000 mulleres asasinadas dende 2003 por mor da violencia machista e se reivindicou a necesidade de poñer fin a esta lacra social.

Os 'III Premios Sofía Novoa' da Deputación enchen de igualdade o Pazo de Gandarón

A música de Bach e Piazzolla, da man do dúo de piano e flauta traveseira do Conservatorio Mayeusis, inundou na tarde de onte o Pazo de Gandarón, en Salcedo, engalanado para acoller o acto de entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz, impulsados pola Deputación de Pontevedra. A sede da Misión Biolóxica de Galicia foi o escenario elixido por primeira vez para galardoar este ano ás seis estudantes da Universidade de Vigo que incluíron a perspectiva de xénero nos seus traballos de fin de grao e de fin de máster.

O Servizo de Emprego de COGAMI desprázase ata O Condado, A Paradanta e Redondela

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) que ten COGAMI habilitado para atender ás persoas con discapacidade que buscan emprego está situado nas instalacións que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade ten nas sete cidades galegas. Sen embargo, moitas das persoas que demandan este servizo viven en zonas rurais por iso, co fin de facerlles unha atención máis doada, durante dous días á semana un profesional desprázase ata estas zonas.

Etiquetado como
Suscribirse a este canal RSS