É noticia...

Dúa grandes pancartas no Pazo Provincial lembrarán ás mil mulleres asasinadas polo machismo

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou hoxe de que a fachada do Pazo Provincial mostrará dúas grandes pancartas cos nomes das mil mulleres asasinadas pola violencia machista desde que existen estatísticas, é dicir, desde 2003. “Instalaremos esas pancartas cos seus nomes porque non poden caer no esquecemento”, asegurou Silva, que valorou esta acción como “unha actitude activa contra a violencia machista que nos mata ás mulleres polo simple feito de ser mulleres”.

A Deputación aproba as bases para as prazas de 'O teu primeiro emprego'

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra, “O teu primeiro emprego”, neste caso para a propia institución provincial. O programa substitúe ao antigo Plan de Práctica Laboral, que converte as bolsas en contratos en prácticas.

Deputación e Universidade de Vigo, un paso máis en igualdade coa cátedra 'Feminismo 4.0'

Cun brinde pola igualdade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, en compañía de colectivos e asociacións de mulleres da provincia, relacionadas coa cultura e a igualdade, deron esta mañá no Pazo de Castrelos, en Vigo, o pistoletazo de saída á cátedra “Feminismos 4.0” da Universidade de Vigo.

A Deputación pecha, cun rotundo éxito, as visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior

Cos últimos grupos repartidos en dúas visitas de mañá e de tarde, a Deputación de Pontevedra pechou este sábado unha nova edición das visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior que este ano volveron a conseguir un completo éxito de público con máis de 300 persoas que, desde finais de abril, puideron desfrutar da historia do recinto, contada dun xeito dinámico, divertido e marcado pola innovación e o emprego das novas tecnoloxías.

A comarca do Condado-A Paradanta recibe financiación en catro iniciativas locáis para a xuventude

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, destinará case 23.600 euros a catro concellos da comarca do Condado-A Paradanta coa finalidade de poñer en marcha programas dedicados á mocidade durante o ano 2019. Nesta comarca víronse beneficiados os concellos da Cañiza e Ponteareas con 6.000 euros cada un, así como Mondariz, con 5.977 e Arbo con 5.600 euros.

576 clubes da provincia reciben este ano axudas da Deputación para o deporte federado

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión das subvencións aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2019. Benefícianse este ano un total de 576 clubs da provincia, 19 máis que o ano pasado, pertencentes a 58 concellos da provincia de Pontevedra, tal e como sinalou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Suscribirse a este canal RSS