16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaSmartPeme pon en marcha 3 obradoiros online

    SmartPeme pon en marcha 3 obradoiros online

    Ata o 10 de decembro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre SEO e Google Adwords e Comercialización en liña

    A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana tres novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre a iniciación ao SEO II, a Introdución a Google Adwords e a Comercialización en liña de experiencias gastronómicas.

    O xoves 9 impartirase o obradoiro “Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade”, de Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, que falará dos factores externos que poden afectar a nosa web e que inflúen no noso posicionamento, amais de sacarlle rentabilidade á utilización do SEO.

    Pola tarde, a Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, María Aller, impartirá “Introdución a Google Adwords, onde amosará os conceptos básicos de Google Ads, navegar pola interface da ferramenta ou como crear unha primeira campaña.

    Para finalizar a semana, o venres 10, será a quenda de “Comercialización en liña de experiencias gastronómicas”, a cargo de Sonia Torres, Técnico de Empresas e Actividades Turísticas. Nesta ocasión falará da gran maridaxe que supón a utilización da gastronomía como reclamo turístico e de como Internet nos pode valer como ferramenta para a súa explotación As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo info.smartpeme@depo.es ou no teléfono 886 202 020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.