15.8 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán organiza este sábado unha gala fin de curso de teatro

    Nigrán organiza este sábado unha gala fin de curso de teatro

    Teatro do Ar amosará o traballo desenvolvido ao longo do ano e haberá aula aberta a quen desexe aprender

    Teatro do Ar, compañía que dirixe a Escola Municipal de Teatro do Concello de Nigrán, ofrece este sábado ás 19.00 horas no Auditorio unha gala aberta para mostrar o traballo que levan realizando desde decembro co alumnado. Durante a mesma haberá unha mostra de exercicios, as máis peques presentarán unha obra, e os actores e actrices compartirán varias pezas de microteatro. Ás 17.30 horas tamén disporán dunha aula aberta de teatro para todas as persoas que queiran probar.

    O teatro leva sendo un habitual nas programacións culturais de Nigrán dos últimos anos e o Concello tomou boa nota da súa gran acollida, por iso este ano lanzou xunto ao grupo local, Teatro do Ar, esta nova escola cultural que se suma a música, pintura ou cerámica.

    Teatro do Ar

    Teatro do Ar ven de recibir o Premio Nigrán ao Mérito Cultural 2022. o soño dun grupo de mozos e mozas de Nigrán que, cando remataron a Educación Secundaria no CPI Arquitecto Palacios, decidiron crear unha compañía teatral onde expresarse libremente. Este ano cumpren 10 anos traballando pola cultura en Nigrán e cun futuro moi ilusionante. Ata o de agora xa levan case unha vintena de obras presentadas. Ademais, crearon este curso xunto ao Concello de Nigrán a primeira escola de teatro municipal. Acumulan varios recoñecementos destacados: finalistas dos premios Xuventude Crea 2020 e mención destacada nos Buero Vallejo de Teatro Joven 2021 que organiza Coca Cola. “Apostamos por un teatro propio para trasladar á toda a xente que nos ve a nosa forma de entender esta arte e o mundo que nos rodea”, explica o seu director e dramaturgo, Pedro Rodríguez. Traballan todos os xéneros e agora, ademais de preparar dúas obras novas para presentar durante este ano, están a organizar un forte programa de teatro social para facer a arte accesible. A súa gran calidade, iniciativa, compromiso e xuventude fainos máis que merecedores deste Premio Nigrán 2022.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.