11.3 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán completa a obra de abastecemento de auga no barrio da Mámoa

    Nigrán completa a obra de abastecemento de auga no barrio da Mámoa

    O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para completar o abastecemento público de auga no barrio de A Mámoa, na parroquia de Priegue. Os traballos, que estarán rematados nunha semana, consisten en ampliar en 450  metros a tubaxe para chegar preto dunha vintena de casas que carecían de este servizo e que se viran seriamente prexudicadas pola seca deste verán, motivo polo que demandaban especialmente o abastecemento. 

    Unha vez rematadas as obras, os interesados en conectarse ao servizo deben acudir á oficina de Aqualia, empresa concesionaria, sita en Avda. Val Miñor, no 2 baixo, en horario de atención ó público (de luns a venres de 09:00 a 13:00) ou ben solicitalo por correo electrónico a nigran@aqualia.fcc.es facilitando nome, DNI, dirección, referencia catastral (recibo oral) e teléfono.

    “A situación era preocupante na zona porque aquí non hai traídas veciñais e os pozos particulares chegaron a secarse este verán, por iso precisaban do abastecemento municipa. Foron os veciños da Mámoa os que trasladaron a necesidade de conrectarse ao abastecemento público en previsión de futuras secas como a que sufrimos en 2022”, explica o alcalde, Juan González.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS