25.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán abre hoxe as portas dunha biblioteca de vangarda

    Nigrán abre hoxe as portas dunha biblioteca de vangarda

    O Concello de Nigrán abrirá desde hoxe as portas dunha nova Biblioteca Municipal vangardista, equipada con altas tecnoloxías e que multiplica por 10 a súa superficie. A veciñanza do municipio pasa así de contar cun espazo antigo de 120 m2  no Ceán (agora sede da Escola de Música) a un edificio bioclimático de 1.260 m2 en Estrada pola Vía (altura do 118, no núcleo urbano) que  multiplica as posibilidades dos usuarios e  se adapta aos novos medios. Esta realidade permite distribuir holgadamente os 50.000 exemplares e incorporar conceptos que antes nin sequera podían ter cabida (zonas de lectura, aula de traballo conxunto ou dous puntos de consulta audiovisual) e ampliar a sala de lectura de 16 a 68 postos.

    “Gañamos unha Escola de Música no Ceán e unha  Biblioteca do século XXI dimensionada conforme á realidade do municipio. Este xa é un edificio premiado e de referencia en toda Galicia polo seu deseño vangardista e desde mañá o será pola calidez e facilidades que ofrece aos usuarios. Somos conscientes do retraso sufrido pero consideramos que pagou a pena agardar algo máis do previsto para ter, xa para sempre, unha biblioteca confortable, moderna e da que sentírmonos orgullosos”, indica o alcalde, Juan González, sobre este edificio de ‘Gándara#Pons Arquitectos’ gañador do premio ibérico Technal 2022 presidido no Xurado por Carme Pinós, Premio Nacional de Arquitectura 2021.

    Unha das principais vantaxes desta nova instalación municipal con respecto á antiga do Ceán é que, ademais de contar cunha sala de estudio que pasa dunha capacidade de 12 a 68 usuarios (e con iluminación independente en cada mesa) é que a partir de agora os usuarios disfrutarán dunha sala de usos múltiples para poder traballar en equipo. “Esta aula da planta baixa tamén poderá albergar exposicións ou acoller charlas ou actividades como contacontos”, incide o rexedor. Outra novidade é unha zona de consulta audiovisual equipada con dúas pantallas  de alta definición e equipo de son e cascos onde, proximamente, os usuarios poderán visionar arquivos como o da antiga Televisión Local de Nigrán. Igualmente, a biblioteca infantil gaña exponencialmente en metros e dispóns de zona de lectura integrada na propia planta, igual que a parte de adultos. As posibilidades de consulta tamén se multiplican engadindo para elo, e por vez primeira, 4 tablets e 3 ordenadores. Ademais, mellórase a conexión Wi-Fi. Finalmente, o propio edificio conta cunha cuberta con vistas a todo Nigrán e deseñada como terraza exterior para ser utilizada.

    © Héctor Santos-Díez

    O mobiliario elixido, con 30 anos de garantía, estivo supervisado polos seus arquitectos e destaca por ser de liñas puras e deseño atemporal, en tons neutros e fabricado en materiais de alta calidade que lle outorgan resistencia e durabilidade. “Cada moble foi elixido atendendo á singularidade do espazo e función que vai ocupar porque se quixo dar unha imaxe unitaria e homoxenea que respectase á singularidade do edificio”, explican desde a adxudicataria Sutega, empresa galega responsable de proxectos similares como o amoblamento da Biblioteca Municipal Princesa Doña Leonor (Boadilla del Monte), a Biblioteca Municipal Los Corrales de Buelna (Cantabria) ou o Arquivo Histórico de Ourense e, xa na comarca, das novas oficinas da Zona Franca de Vigo. “Evidentemente as necesidades de mobiliario, equipamento informático etc se multiplicaron porque contamos con novos servizos e máis capacidade, con esa premisa se construíu este edificio”, engade o rexedor sobre a dotación do lugar, no que se investiron 169.158 €.

    Por outra banda, a Biblioteca Municipal mantén o seu horario de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres (sábados de 9:00 a 15:00) e segundo avanza o edil de Persoal e Urbanismo, Diego García,  o ampliará durante o periodo de exámenes na universidade.

    Edificio bioclimático

    O edificio ocupa unha parcela municipal de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, frente a rúa do Panasco) nun lugar facilmente accesible para a veciñanza tanto en transporte público como privado. O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que teña dúas entradas, con accesos tanto dende o andar baixo como desde o primeiro, o que favorece unha utilización polivalente das instalacións. Desde o punto de vista urbanístico, a construción xera unha praza cuberta que se abre á praza existente e que supón unha zona previa á entrada polo andar baixo.

    Conta con catro alturas, planta irregular, e superficie total construída de 1.260 m2 clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerxética (máxima categoría). Trátase, por tanto, dun edificio bioclimático que dispón das últimas tecnoloxías en instalacións para acadar esta sostibilidade ambiental. 

    Na planta baixa (191 m2) disponse dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; na pranta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de préstamo para adultos e na terceira (235 m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior. A cuberta está deseñada como unha terraza onde poder desenvolver actos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.