9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán abre a inscrición para o concurso de Comparsas de Entroido

    Nigrán abre a inscrición para o concurso de Comparsas de Entroido

    O Concello de Nigrán abre ata o 1 de marzo (inclusive) o prazo de inscrición no concurso de comparsas, que terá lugar o sábado 9 de marzo ás 19.00 horas. En total, haberá 3.000 euros repartidos en nove premios (600 €, 500 €, 400 €, 350 €, 300 €, 250 €, e os seguintes 6 clasificados con 100 euros) e cada unha das comparsas pertencentes a asociacións culturais, deportivas e veciñais do municipio percibirán unha dotación adicional de 300 euros.

    As bases mantéñense coma o ano anterior, así, as agrupacións deben contar cun número de participantes superior aos 20 membros, dos cales un mínimo de dez terán que ser adultos. Para poder optar aos premios é requisito indispensable inscribirse previamente no Rexistro do Concello (de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, ata o 1 de marzo) coa documentación pertinente (ficha de inscrición cuberta, fotocopia do CIF ou DNI, certificado de conta bancaria e xustificante de estar ao corrente tanto en Facenda coma na Seguridade Social).

    O Concello mantén a súa aposta de celebrar o desfile ás 19:00 horas e polo centro urbán para que poida asistir todo tipo de público. Así, este terá lugar o sábado 9 de marzo ás 19:00 horas partindo da rúa Telleira, percorrendo Rosalía de Castro ata a estrada do Ceán, sendo a actuación de cada comparsa á altura da Casa Consistorial. Ao remate da última actuación terá lugar a entrega de premios e o concerto do dúo Alfeizar. Se a previsión meteorolóxica fose adversa para ese día o desfile trasladaríase para vindeiro sábado 16 de marzo (abriríase un novo prazo de inscrición).

    O sorteo da orde de saída celebrarase o luns 4 de marzo no salón de plenos municipal ás 12:00 horas. O xurado, pendente da súa designación, terá en conta para a concesión dos galardóns a orixinalidade, o vestiario, a actuación e o número de participantes de cada comparsa. Pode quedar deserto algún premio e de haber menos comparsas que premios o número destes axustaríase.

    As bases están a disposición dos interesados na Oficina de Atención ao Cidadá do Concello, no Departamento de Cultura ou na web municipal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.