15.5 C
Pontevedra
Luns, 7 de Outubro de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona rende homenaxe aos deportistas locais nos seus anos máis duros

    Baiona rende homenaxe aos deportistas locais nos seus anos máis duros

    O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, quere render tributo ao deporte, “nos anos máis duros para o deporte”, en palabras do alcalde, Carlos Gómez. O rexedor quixo organizar un acto público de recoñecemento aos deportistas este próximo sábado, día 2 de outubro, na Praza do Concello, para recoñecer os logros cultivados en 2019 e 2020 polos atletas locais como “un auténtico exemplo de superación e orgullo para o resto dos baioneses e baionesas”.

    O acto converterase nunha especie de homenaxe colectiva do Concello de Baiona ofrecendo todo o seu apoio a uns e unhas deportistas seriamente afectados tanto polo confinamento decretado o 14 de marzo de 2019 como polos continuos peches decretados pola Xunta de Galicia para tratar de controlar as sucesivas ondas que se produciron ao longo do tempo.

    A cerimonia tamén servirá para entregar os premios aos gañadores e gañadores de que participaron nas citas deportivas tradicionais da vila dunha maneira segura a través de “A App “Baiona co Deporte”. Este ano a XII Subida Á Groba; XI Travesía a nado; 36ª Carreira Pedestre “Andar e Correr” e o VII Tríatlon Solidario Baiona, disputáronse de forma semi virtual para que os veciños e veciñas interesados puidesen participar en cada unha das probas.

    Ademais de ofertar un alternativa de deporte segura, todos estes eventos tiveron un compoñente solidario xa que todos os Quilómetros que realizaron todas as persoas participantes nos distintos eventos serán trocados e destinados á ONG “Axuda ao Mundo Necesitado”, polo que o acto tamén servirá para facer a entrega efectiva destes donativos á ONG local.

    Desde o Concello tamén quixo ter un recoñecemento especial a distintas persoas a nivel individual e colectivos polo seu labor de fomento ao deporte municipal. Entre elas atópanse: Carlos Pereira (ex porteiro profesional de fútbol, Pepe Costas (A Voz do Pobo), Carlos Barreiro “Buka”, Escola Adaptada de Vela WRCY Baiona, Voluntarios do Deporte Municipal recoñecemento do traballo deseinteresado que este ano se personifica na figura dos falecidos Marcos Vasconcello, José Manuel Conde.

    En canto aos recoñecemento ao mérito deportivo 2020-2021, atópanse: Marta Canella (baloncesto); Daniel Pazo e Ainhoa Repazar (atletismo); Iria Ludeña, Gustavo Ignacio López e Paula Cereijo (piragüismo); David González, Anxo Uzal, Diego Otero, Cristian Suárez, Jesús Fajaco, Anxo Lomba, Pedro Míguez, Donis Fernández, Omar Rodríguez e Breixo Martínez e Lois Cabreira (loita olímpica, Club de Loita de Sabarís); Elena Avendaño (hípica); Manuel Mo, Vicente Mo, Óscar Martínez, Branca Lago, Manuel Mo, María Rodríguez, Sabela Rodríguez, Lara Senra (bolos, Club Estivada), Ignocencio Valverde (bolos, Club Xunqueira); Gonzalo Pérez, Daniel Álvarez, Laureano Miniño, Xosé Sequeiros, Nicolás Míguez (bolos, Club Baredo) ; Matias Rajo, Carlos Silva, Belén Rodríguez, Nerea Ferreira (bolos, Club A Rega); José Ramón Martínez, Patricia García, Marley Millán, Kevin Durán, Ares Argibay, Alison Sánchez (bolos, Club Portamean); Brais García e Adrián Rodríguez (Club de Bolos Urgal); Martín Carbó, Víctor-José Diogo, Iker Pazo, Xabier González, Nicolás Castro, Iago Vázquez, Xenxo Vásquez, Daniel González, Dylan Estévez, Lois Giráldez, Pablo Pardo, Salvador Pérez e Nicolás Lafuente (fútbol, Erizana Club Fútbol).

    Tanto o alcalde como a concelleira de Deportes queren agradecer ás moitas entidades privadas e publicas que colaboran cos distintos eventos xa que grazas ás súas importantes colaboracións foi posible a organización os mesmos.

    “Con estas mencións honoríficas e con estes recoñecementos ao mérito deportivo preténdese recoñecer a quen, dunha ou outra maneira, fixeron grande ao deporte baionés ao longo dos anos e especialmente durante o ano 2020 e 2021, os anos máis duros para o deporte. Así se distingue a quen desde o deporte fortalecen a localidade e a sociedade baionesa, e aínda máis neste período de pandemia no que a actividade deportiva resulta fundamental”, conclúe o rexedor.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.