12.1 C
Pontevedra
Mércores, 22 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela oferta unha formación pioneira dedicada a igualdade de oportunidades para futuros...

    Redondela oferta unha formación pioneira dedicada a igualdade de oportunidades para futuros e futuras profesionais da FP

    O curso de Formación en Igualdade de Oportunidades para futuros e futuras profesionais da FP impartirase no IES Chapela e o IES Pedro Floriani. Para completar a formación, con total validez académica e puntuable en calquera oposición, deben cumprirse as 10 horas que se esixen.

    A Concellería de Igualdade, dirixida por Iria Vilaboa, do Concello de Redondela presenta a Formación en Igualdade de Oportunidades para futuros e futuras profesionais da Formación Profesional. A alcaldesa Digna Rivas quixo resaltar a importancia dunha formación “pioneira no municipio e que conta con validez académica. Sabemos que ter formación en igualdade é imprescindible para o futuro laboral na actualidade. Non só porque é importante educar desde a perspectiva de xénero senón tamén porque moitas empresas esixen algún tipo de formación similar, polo que complementará os seus estudos de cara ao CV”.

    A Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega, APAIOGA, será a encargada de impartir a formación, concretamente a educadora Lucía Pereda Pérez dará as clases impartidas no IES Floriani e o IES Chapela.

    Segundo explica a rexidora local, “o obxectivo desta formación é sensibilizar a homes e mulleres no valor social da igualdade como eixo para o desenvolvemento social. Promover que profesionais de distintos ámbitos incorporen a perspectiva de xénero no exercicio das súas actividades laborais e sensibilizar en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes para conseguir eliminar a brecha existente entre a igualdade legal e a igualdade real”. E para iso, é necesario contar con datos e análises da realidade social desde a perspectiva de xénero, xa que a igualdade non é unha mera cuestión de opinión, senón tamén de coñecemento. Estes obxectivos son, así mesmo, un mandato da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

    “Este é un cumprimento deste goberno dos fins institucionais para promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, a través de accións de sensibilización e formación en igualdade. Consideramos que é de vital importancia, polo que decidimos levalo á educación de forma directa. A formación en igualdade vai influir no futuro laboral e persoal dos estudantes redondeláns e mesmo este diploma é puntuable en calquera concurso oposición ”, explicaba Rivas.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS