8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela esixe resposta a Augas de Galicia polo abandono dos ríos e...

    Redondela esixe resposta a Augas de Galicia polo abandono dos ríos e tramos da súa competencia

    O Concello de Redondela amosa a súa insatisfacción pola falta de resposta, por parte de Augas de Galicia ante a situación de abandono das beiras dos ríos e os treitos da súa competencia.

    O goberno local, a través dunha empresa especializada en limpezas ambientais, baixo a coordinación da Concellería de Medio Ambiente, está a desenvolver traballos de limpeza das beiras nos treitos urbanos dos ríos. As labores céntranse nas beiras do Pexegueiro Alvedosa e Maceiras, así como o Río Fondón e Maceiras da parroquia de Chapela.

    A alcaldesa, Digna Rivas, lembrou que o feito que se traballe nos treitos urbanos “responde a que o Concello carece de competencia fora desas marxes xa que pasa a ser competencia única e exclusiva de Augas de Galicia”. De feito, engade Rivas, “no 2017 o Tribunal Supremo estableceu que a competencia na conservación ordinaria dos treitos urbanos dos ríos é dos Concello e no 2019 a Xunta publicou unha instrución nese sentido e reservando a Augas de Galicia a limpeza nos treitos interurbanos”.

    A rexedora redondelá lembrou que, tal e como está demostrado, “a limpeza das beiras e canles diminúe o risco de riadas e inundacións”. O certo é que este pasado nadal producironse episodios de choivas  cada vez máis torrenciais e é complicado impedir as riadas. Unha axeitada limpeza dos ríos reduce moito os danos causados polas mesmas. Esiximos resposta de Augas de Galicia para responsabilizarse das zonas da súa competencia que foron as máis perxudicadas durante o último temporal debido o seu abandono”.

    A falta de limpeza do Río Pexegueiro (nas zonas competencia de Augas de Galicia) provocaron inundacións durante os temporais do último mes. “Existe o peligro de que volva a producirse a mesma situación de inestabilidad meteorolóxica provocando máis desbordamentos e danos considerables para o municipio”, explicaba Rivas.

    Realizaronse máis de 10 peticións a Augas de Galicia entre o último trimestre de 2022 e xaneiro de 2023, todas sen resposta. Entre as peticións atópase a limpeza dos Regos no Camiño da Fenteira e no Río Fondón (Trasmañó), así como o Río Pugariño (Chapela) e o Río das Cabras que desemboca na praia de Rande. Tamén se solicitou o mantemento da zona do Camiño dos Frades que conta con dous regos en mal estado e a limpeza do cruce entre o Río Albedosa e o Maceiras.

    A todo isto hai que engadir as peticións de saneamento por vertidos contaminantes. Concretamente, un veciño depositou escombros no Rio Bugariño na zona que linda con Vigo. A asociación veciñal de Chapela denunciou  os feitos e o Concello de Redondela abriu un expediente para despois enviar a correspondente petición de saneamento a Augas de Galicia. Unha vez máis, apunta Digna Rivas, “a Xunta ignora as recomendacións e peticións do Concello. Este último mes os danos provocados polos temporais ascenden a máis de 200.000 euros e seguimos sen resposta.  O Concello de Redondela está cumplindo coa súa labor de limpeza e informar da situación, agora é responsabilidade do goberno galego atendender ás peticións”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.