20.4 C
Pontevedra
Luns, 14 de Outubro de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRaquel Queizás achega a maxia do cinema ás nenas e nenos de...

    Raquel Queizás achega a maxia do cinema ás nenas e nenos de Redondela coa actividade ‘Cinema Marabillas’

    O venres 28 de agosto ás 11:30 da mañá, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira, a actriz e narradora Raquel Queizás achegará a maxia do cinema aos cativos coa actividade ‘Cinema Marabillas’. Durante 50 minutos rapaces e rapazas dende os 6 anos de idade, descubrirán os contos tradicionais e imperecedoiros –Alicia no pais das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, Polgariño,…– a través das súas   primeiras adaptacións cinematográficas e da voz e representación de Raquel Queizás.

    Unha actividade na que non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. Esta actividade que se desenvolve ao abeiro do programa ‘Ler Conta Moito’ da Xunta de Galicia, é totalmente de balde pero é precisa inscrición previa na Biblioteca de Redondela ou no teléfono 986 401 561.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.