11.4 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Concello de Redondela e Consellería de Educación retoman os temas pendentes...

    O Concello de Redondela e Consellería de Educación retoman os temas pendentes en materia de melloras nos centros de ensino do municipio

    Na reunión mantida entre a alcaldesa Digna Rivas e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, puxéronse sobre a mesa os temas pendentes que quedaron en suspenso pola COVID-19

    A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, mantivo en datas pasada unha reunión de traballo co xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César Pérez Ares, para retomar os traballos de mellora en distintos centros escolares do municipio e que quedaron en suspenso por mor da pandemia da COVID-19.

    Rivas, que estaba acompañada na xuntanza pola concelleira de Ensino do Concello redondelán, Olga García Ballesteros, subliñou á necesidade de retomar “de xeito inmediato e á maior urxencia posible” os compromisos que tiña adquiridos a Xunta con Redondela en materia de Ensino.

    Entre outros temas, tratouse do cambio de ventás no colexio de Outeiro das Penas, en Cesantes; da reparación integral do colexio de Reboreda, traballo máis que necesario nun centro construído hai máis de 50 anos, e o cambio do falso teito no Alexándre Bóveda de Chapela, onde se está traballando na colocación dun ascensor para facelo totalmente accesible.

    A alcaldesa subliñou a “receptividade” amosada polo xefe territorial de Educación “que sempre tivo unha especial sensibilidade con todos os asuntos relacionados co ensino neste municipio”.

    “As administracións temos que ter moi claro –afirma Digna Rivas– que a principal prioridade é o benestar da veciñanza e traballar na mellora da súa calidade de vida. Cando eses obxectivos están claros, como neste caso, o camiño é moito máis doado”.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.