13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaIniciados os traballos de limpeza das beiras dos treitos urbanos dos ríos...

    Iniciados os traballos de limpeza das beiras dos treitos urbanos dos ríos de Redondela

    As labores que se desenvolven no Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras, continuarán a partir do luns no Fondón e Maceiras de Chapela

    O Concello de Redondela, a través dunha empresa especializada en limpezas ambientais baixo a coordinación da Concellería de Medio Ambiente que xestiona Alberto Álvarez, está a desenvolver traballos de limpeza das beiras nos treitos urbanos dos ríos.

    As labores céntranse, nestes días, nas beiras do Pexegueiro Alvedosa e Maceiras para, o vindeiro luns, realizar ditos traballos nos ríos Fondón e Maceiras da parroquia de Chapela.

    Alberto Álvarez salientou que os traballos, dado que se realizan a través dunha empresa especializada nestas labores, “efectúan a limpeza cun estrito cumprimento de todas as normas de coidado medioambiental tanto da flora como da fauna”.

    Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas, lembrou que o feito que se traballe nos treitos urbanos “responde a que o Concello carece de competencia fora desas marxes xa que pasa a ser competencia única e exclusiva de Augas de Galicia”.

    De feito, engade Rivas, “no 2017 o Tribunal Supremo estableceu que a competencia na conservación ordinaria dos treitos urbanos dos ríos é dos Concello e no 2019 a Xunta publicou unha instrución nese sentido e reservando a Augas de Galicia a limpeza nos treitos interurbanos”.

    En todo caso, a rexedora redondelá lembrou que, tal e como está demostrado, “a limpeza das beiras e canles diminúe o risco de riadas e inundacións”. “O certo é que en inverno estánse a producir episodios de choivas cada vez máis torrenciais e é complicado impedir as riadas, pero unha axeitada limpeza dos ríos reduce moito os danos causados polas mesmas”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.