22.5 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra licita as obras para mellorar camiños das parroquias

    Salvaterra licita as obras para mellorar camiños das parroquias

    O Concello de Salvaterra de Miño informa que están en proceso de licitación obras por preto de 170.000,00 € a través do Plan Concellos 2022, nas parroquias de Meder, Fiolledo, Leirado e Arantei.

    As obras a realizar consisten na mellora de firme nos barrios de Igrexa, Coto e Monte da parroquia de Meder, no barrio da Salgosa, Burguete  e Chans na parroquia de Fiolledo,  a estrada entre Medóns e Casco na parroquia de Leirado e a de Pedramoura en Arantei.

    Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Mellora de Viais Municipais,  que pretenden incrementar e favorecer a seguridade vial de condutores e peón ao longo da rede viaria municipal, a través da mellora dos pavimentos e ampliación da plataforma nos casos nos que sexa factible, e actuación de mellora nas redes de drenaxe de augas pluviais nas zonas que o precisen.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.