Os concellos de Salvaterra de Miño eSalceda de Caselas veñen de anunciar a convocatoria dun novo Obradoiro conxunto de emprego cunha duración de nove meses e no que o alumnado amais de formarse, percibirá un salario equivalente ao salario mínimo interprofesional cun contrato de formación e aprendizaxe.
Especialidades
- Nivel1
- (AGAR0309) Actividades Auxiliares en conservación e mellora de montes.
- (AGAJ0108) Actividades auxiliares en xardíns e centros de xardinería.
- (AGAR0209) Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais
- Nivel 2
- (SEAG0209) Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais.
- (SEAG0108) Xestión de residuos urbanos e industriais.
Requisitos
- Estar dado de alta na oficina de emprego de O Porriño ou na de Ponteareas, dependendo do concello de residencia, como demandante de formación nas ditas especialidades.
- Para os certificados de (SEAG0209) Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e (SEAG0108) Xestión de residuos urbanos e industriais que se imparten xuntos, é preciso ter a formación para acceder a especialidade de Nivel 2 (Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou Certificado de profesionalidade de nivel 2 ou Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional ou cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos ou ter as competencias clave necesarias, de acordo có recollido no anexo IV do real decreto 34/2008, para cursar con aproveitamento á formación correspondente ao certificado de profesionalidade).
- Os colectivos con máis dificultade na inserción laboral terán prioridade.
As persoas que estean interesadas terán que inscribirse na Oficina de emprego de O Porriño e na oficina de Ponteareas solicitando cita previa.
O alumnado traballador percibe un salario equivalente ao salario mínimo interprofesional cun contrato de formación e aprendizaxe de 9 meses.