11.8 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra de Miño recibe a visita de Cándido Carrera tras un fito...

    Salvaterra de Miño recibe a visita de Cándido Carrera tras un fito histórico do deportista local

    Cándido Carrera, o copiloto salvaterrense que vén de acadar o 3º posto no Rally RACC Catalunya-Costa Daurada do Mundial de Rallies con Dani Sordo, converténdose no séptimo copiloto Español da historia en facer pódium nun Mundial (primeiro Pontevedrés), visitiu hoxe á Alcaldesa do Concello, Marta Valcárcel Gómez, e ao Concelleiro de Deportes Edgar Martínez Philippon na Casa do Concello.

    Este encontro prodúcese no momento máis doce da carreira do copiloto, xa que tras a recente incorporación como compañeiro de Dani Sordo, os froitos non se fixeron agardar, logrando o seu primeiro pódium nun Mundial, pondo aos seus veciños e veciñas pendentes de todas as canles de televisión, cheos de ledicia e orgullo cos resultados obtidos.

    En verbas da Rexidora local, “é un orgullo como Alcaldesa que un dos nosos deportistas sexa o exemplo tanxible de que o éxito é posible con traballo e esforzo, ademais de modelo a seguir para os máis cativos:  agora en Salvaterra, tamén se soña con chegar a ser como Cándido Carrera”.

    Pola súa parte Edgar Martínez di que “ nestes tempos tan complexos derivados dunha crise sanitaria mundial que afecta de xeito moi directo tamén ao deporte, están saíndo outros deportistas locais ademais de Cándido con resultados moi importantes a nivel nacional, polo que fala moi ben dos hábitos saudables e disciplinados dos nosos e das nosas deportistas”.

    Así mesmo, O Concello agradece a Cándido o tempo e a conversa mantidos, desexándolle sorte e novos éxitos na súa carreira, esperando dar máis novas coma esta en pouco tempo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.