22.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra de Miño comeza as obras de saneamento e bombeo no barrio...

    Salvaterra de Miño comeza as obras de saneamento e bombeo no barrio de Enxembre, na parroquia de Fornelos

    O Concello de Salvaterra de Miño vén de iniciar as as obras de saneamento e bombeo no barrio de Enxembre, na parroquia de Fornelos, por un importe de máis de 48.000 € e financiadas a través dun convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Salvaterra de Miño.

    As obras enmárcanse dentro do programa de ampliación e mellora da rede de saneamento municipal, levándose a cabo actuacións de limpeza, corte e demolicións de firme co fin de completar a rede de servizos no lugar de Enxembre, mediante a execución de 200 metros de tubería de PVC de 315 mm de diámetro nominal, que desembocará nun pozo de bombeo, cuxa construción e posta en marcha están incluídas neste proxecto e a reposición das gabias.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.