22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoSalvaterra de Miño celebra o Día da Árbore

    Salvaterra de Miño celebra o Día da Árbore

    Un ano máis, con motivo da celebración do día da árbore, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Salvaterra de Miño, que dirixe Marta Valcárcel, organiza varias actividades involucrando aos Centros Educativos do Municipio de cara a concienciar, aos nenos e nenas, na necesidade de coidar e protexer o medio natural.

    A celebración deste día sirve como recordatorio da importancia de protexer as superficies arboradas, así o Concello lémbralles aos alumnos e alumnas que “as árbores, entre outros moitos beneficios, transforman o dióxido de carbono, responsable do efecto invernadoiro, en biomasa, minimizan os riscos de inundacións, evitan a erosión…”

    Este día internacional naceu como unha recomendación do Congreso Forestal Mundial aceptada pola Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) no 1971, e o día elixido para a celebración no noso país foi o 21 de marzo, co fin de poñer en valor e recordar a gran importancia de protexer un ben tan preciado e tan necesario para a nosa subsistencia, tomando conciencia do papel que teñen os recursos forestais e o coidado que se lle debe brindar ás árbores, iso lévanos a necesidade de introducir aos nenos e nenas o antes posible, no coñecemento e a práctica dunha tarefa a longo prazo como é o aprendizaxe no coidado e conservación da natureza.

    Sabedores da gran importancia que teñen estas iniciativas o Concello de Salvaterra de Miño plantará diversas árbores nos seus Centros Educativos para conmemorar o Día Internacional da Árbore facendo partícipes aos máis cativos. Así plantaranse diversas froiteiras e carballos no CEIP Infante Felipe de Borbón, no CEP Carlos Casares de Alxén e no CEIP de Leirado, os nenos e nenas do CRA A Lagoa farán a plantación no Parque Público A Canuda, “ese Xardín sobre o Miño que é o pulmón verde da comarca” sinala a Concellería de Medio Ambiente. Ademais nenos e nenas poderán gozar do  espectáculo infantil ‘Planta e replanta’, buscando a concienciación dos máis cativos no coidado e respecto hacia o medio ambiente. O día 21 realizara a actividade o CEP Carlos Carares, o 22 no CEIP de Leirado e en abril o CRA A Lagoa e o CEIP Infante Felipe

    Desta maneira o Concello de Salvaterra quere poñer en valor “a gran importancia da natureza e do medio ambiente realzando a gran labor que realizan as árbores, a través dos nenos e nenas do municipio. Temos que recordar que  Salvaterra é un dos Concellos que ten  mais metros cadrados  de zonas verdes ten  por habitante, paseos polos seus ríos, ademais de ter máis de 1.000 árbores plantadas na Vila”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.