10.8 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoSalvaterra de MiñoO pavillón "Cándido Carrera" volve do Nadal cunha nova imaxen rexuvenecida

    O pavillón “Cándido Carrera” volve do Nadal cunha nova imaxen rexuvenecida

    O Concello de Salvaterra de Miño vén de rematar as obras de acondicionamento e renovación da pista de xogo do Pavillón “Cándido Carrera”. Este traballo levouse a cabo durante as vacacións de Nadal e consistiu no pulimento e substitución da tarima polo uso das distintas modalidades deportivas que se practican, así como o vernizado completo e pintado das liñas que delimitan as superficies deportivas. 

    Deste xeito, o pavillón luce un novo aspecto totalmente rexuvenecido e idóneo para a volta do Nadal, polo que os deportistas gozarán das mellores condicións dunha infraestructura renovada e lista para ter unha competición e uns adestramentos nas mellores condicións.

    O Pavillón Cándido Carrera é un dos mellores pavillóns de toda a contorna, conta cunha das mellores pistas  adaptadas ao xogo de fútbol sala, balomnan, bátminton, baloncesto, patinaxe e as diferentes actividades deportivas que se levan a cabo tanto por parte do CEIUP Infante Felipe e a ANPA.

    A día de hoxe está sendo empregado polo colexio, pola ANPA e por catro asociacións deportivas do municipio que xunto ao pavillón municipal de Leirado ofrecen unha ampla posibilidade aumentar o rendemento deportivo de todo o municipio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.