16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas retoma a actividade cultural e festiva con máis de 40 actos...

    Ponteareas retoma a actividade cultural e festiva con máis de 40 actos no verán

    Mantéñense as citas máis importantes e introdúcense novidades como as Noites ao Vivo

    O Concello de Ponteareas presenta a programación cultural para os meses de verán e retoma a normalidade da oferta de lecer cunha proposta estable, ampla e para tódolos públicos. Como viña sendo habitual nos últimos cinco anos a cidadanía poderá desfrutar de novo dunha variada oferta cultural sen saír da súa vila.

    A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, e a concellería de Eventos, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, presentaron xunto ao alcalde Xosé Represas, as diferentes actividades que teñen como finalidade recuperar a actividade cultural e festiva na rúa, ao tempo que se garantizan as medidas de seguridade sanitarias frente ao Covid-19.

    A recuperación das actividades permitirá volver a vivir espectáculos de rúa que se desenvolerán en diferentes espazos do núcleo urbano e tamén das parroquias. “Repensamos a programación prevista e adaptamos á realidade actual moitas das actividades que xa se celebraban outros anos como a Feira do Libro ou o Festival Internacionl de Teatro de Rúa e o Festival Groba, entre outros”, manifestou a concelleira de eventos, Cristina Fernández.

    Todos os eventos realizaranse con cadeiras onde o público permanecerá sentado e gardando a distancia de seguridade esixida en cada momento, ao tempo que se evitan as aglomeracións no entorno.

    O alcalde, Xosé Represas indicou que “a actividade cultural e festiva tamén axuda a ter un retorno positivo no comercio e hostalería local, ciontribúe a creación de emprego e riqueza, ao tempo que se apoia aos creadores culturais”

    A programación de verán mantén os eventos máis salientables da vila e incorpora novidades como as “Noites ao vivo” con espectáculos para tódolos públicos ao aire libre.

    Fernando Groba e Cristina Fernández explican que a oferta cultural de verán, iniciada xa o pasado día 9 coa Feira do Libro suma, ata finais de agosto, máis de 40 actividades, na liña dos últimos veráns cunha oferta ampla e variada na que tódolos grupos de idade poidan atopar eventos do seu agrado combinándoas con actividades que poñan en valor a nosa cultura e o noso patrimonio artístico.

    O Rock in Río visitará en agosto as rúas de Ponteareas e a praza Bugallal acollerá  as clases de pintura. Na Feira Vella haberá xogos tradicionais, o Festival de Circo ofrecido en colaboración con AGADIC e cine, entre outros. Ademais, manteranse as actividades de “Coñece Ponteareas” e as de “Cultura 24” que garanten programación estable en todas as parroquias así como a celebración do Día da Infancia con actividades divertidas o día 9 de agosto.

    O goberno de Pontearas solicita a colaboración do público no cumprimento da normativa, usando sempre máscaras, xeles desinfectantes e mantendo as distancias de seguridade. Nos distintos eventos regularanse as entradas e saídas dos mesmos para que se produzan de xeito organizado, motivo polo que recomendan que se asista aos actos co tempo suficiente para entrar.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.