10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas inicia unha nova edición do programa de voluntariado ambiental xuvenil

    Ponteareas inicia unha nova edición do programa de voluntariado ambiental xuvenil

    Co obxectivo de ofrecer á mocidade a oportunidade de gozar, aprender e mellorar a vinculación coa súa contorna, a concellería de Voluntariado, que dirixe Miguel Bouzó, puxo en marcha unha nova edición do programa de voluntariado ambiental xuvenil.

    Esta edición ofrece formación en espazos abertos e amplos no medio natural,  incorporando as aprendizaxes teóricas nunha  formación práctica que garanta a actividade das participantes. Neste sentido, o programa engloba formacións sobre a Rede Natura 2000 no río Tea e a biodiversidade da contorna, identificación da flora e da fauna, a problemática das especies exóticas invasoras, as especies protexidas ou o uso público nos espazos naturais.

    Entre as actividades formativas, realizaranse diferentes saídas para realizar unha mostraxe da flora e da fauna, identificándoa mediante rastros e pegadas, para a posterior realización dun inventario florístico e faunístico da nosa contorna. Ademais, levaranse a cabo actividades como a limpeza de lixo en montes e ríos, ou novidosas accións como a limpeza do Tea dende kayak. Estas actividades serán abertas ao público con prazas limitadas.

    O concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó, sinalou que “o programa lévase a cabo por persoal con formación e titulacións relacionadas coa educación ambiental,  e supervisadas por un Licenciado en Bioloxía, logrando así o máximo rigor na aprendizaxe das participantes”. Así mesmo, as actividades realizaranse seguindo os protocolos e as medidas de seguridade establecidas ante a Covid-19.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.