8.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz acolle a proxección de 'Galegos en Lisboa. A historia xamais contada'

    Mondariz acolle a proxección de ‘Galegos en Lisboa. A historia xamais contada’

    O vindeiro domingo, 10 de febreiro, ás 19 h, a Biblioteca Municipal de Mondariz acollerá a proxección do documental ‘Galegos en Lisboa. A historia xamais contada’, do director, produtor e guionista Xan Leira (Buenos Aires, 1955). A actividade, organizada pola Asociación Ecocultural Búrbida de Mondariz, conta co apoio do Concello e da Deputación de Pontevedra.

    Xan Leira será presentado por Suso Iglesias, veciño da comarca con familia emigrada en Lisboa. Iglesias foi director da TVG, onde creou algúns dos programas máis senlleiros da cadea: Xabarín Club, Naqueles tempos, Adiviña quen vén esta noite, etc… Tamén traballou na cadea Telecinco.

    Desde o século XVIII a cidade de Lisboa recibiu milleiros de galegos, ao punto que durante o terremoto que asolou a capital lusa en 1755, unha cuarta parte dos 200.000 habitantes da cidade eran naturais de Galicia. A finais do s. XIX e principios do s.XX Lisboa acolleu a centos de galegos nacidos na comarca do Condado e A Paradanta. Personaxes como Alejo Carrera (natural de Vilasobroso, Mondariz, e antigo propietario da fortaleza), Ramiro Vidal Carrera (natural das Neves, pero alcalde de Mondariz entre 1925-1930), o empresario Agapito Serra (natural de Redondo, Covelo) ou o poeta e político Alfredo Guisado (fillo dunha mondarizá e dun ponteareán de Pías) fixeron a súa vida con éxito profesional na cidade do río Texo.

    Moitos destes emigrantes fundaron na capital lisboeta ‘Xuventude de Galicia’ en 1908, unha sociedade, aínda viva hoxe, que pretendía defender os intereses dos galegos, mellorar a súa formación así como divulgar o patrimonio cultural de Galicia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.