8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSalceda convértese, esta fin de semana, na induscutible capital galega da camelia

    Salceda convértese, esta fin de semana, na induscutible capital galega da camelia

    Salceda de Caselas será esta fin de semana, un ano máis, a capital induscutible da camelia de Galicia coa celebración, os días 23 e 24 de marzo, da XI Xornada da Camelia que foi presentada, na mañá de hoxe, na Casa da Cultura Castelao. 75 expositores e expositoras chegados de todos os puntos de Galicia, Portugal e Asturias, amosarán para goce dos visitantes máis de 500 variedades desta flor nunha exposición que se estenderá ao longo de máis de 160 metros cadrados.

    A concelleira de Turismo, Loli Castiñeira, foi a encargada de abrir o encontro cos medios de comunicación acompañada polo alcalde, Marcos Besada; Manuel Nieto, responsable de Ekohuerta que organizará a Feira Agrosostible da xornada do domingo; Dori Silva, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais e Rosa Estévez, representando a bolsa de voluntariado de Salceda.

    Loli Castiñeira, na súa intervención, tiña palabras de recoñecemento para a concelleira de Cultura, Tere Pérez, de quen dependían as primeiras edición desta xornada ao sinalar que, as Xornadas da Camelia pasaron á Concellería de Turismo “non tivemos máis que contiuar o camiño ben feito iniciaro por Tere para converter a xornada da Camelia en algo realmente Turístico”. Nese sentido, Castiñeira puntualizaba que Salceda conta “con moitos alicientes turísticos e dende hai anos podemos dicir que a Camelia é outro deles”.

    Logo de lembrar a importancia das xornadas do pasado ano, en que celebraban o seu décimo aniversario “coa colaboración incluída da embaixada do Xapón”, Loli Castiñeira asegurou que nesta edición do 2019 “non baixamos para nada o nivel” e ao aliciente que supón a participación de 75 expositores e expositoras que se darán cita nunha mostra de máis de 160 metros cadrados, a Xornada da Camelia terá “atractivos engadidos” como é a participación da Estación Fitopatolóxica do Areeiro que, adiantou a concelleira de Turismo, “amosaranos diveros usos da camelia, como pode ser a través do té, da madeira ou mesmo o aceite”, tamén salientou Loli Castiñeira a colaboración especial, “por primeiro ano, de AFAGA, cunha exposición de manualidades coa camelia como protagonista e a participación dos nosos colexios, dos nenos e nenas do CEP Altamira que, un ano máis queren gozar da camelia”.

    Remataba a concelleira de Turismo salientando a colaboración das asociacións de mulleres do rural, asociacións de xubilados e pensionistas de Salceda “fundamental na organización e desenvolvemento dunha mostra que se ten convertido xa na de maior dimensión de toda Galicia”.

    Antonio Rivero, presidente da Asociación de Xubilados/as e Pensionistas e coorganizador da mostra –podería dicirse que alma mater da mesma– mencionou as máis de 500 variedades de flor que se poderán ver esta fin de semana, destacando ademais os produtos derivados da camelia que se poderán tamén coñecer na mostra, tales como marmelada, te, madeira ou aceite, que estarán presentes grazas á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, “que realiza unha labor fundamental no estudio e difusión das diferentes posibilidades que ofrece esta flor”, asegurou.

    O domingo celebrarase ademais unha nova edición da feira de agricultura ecolóxica e mercado sostible, da man de Ekohuerta, con produtos reciclados e de segunda man, cosmética natural, oficios tradicionais, etc. En palabras de Manuel Nieto, responsable de Ekohuerta, a feira contará con 50 participantes chegados dende toda a xeografía galega, destacando a presenza de artesanía e repostería provinte de Marrocos.

    A fin de semana complétase con diversos actos de programación cultural complementaria, como o concerto, sempre atractivo, das Donicelas o sábado ás 16:30 h ou o das Maimiña o domingo ás 17:00 horas, os dous no Auditorio Municipal.

    Pechaba a quenda de intervencións o alcalde de Salceda, Marcos Besada, que lembraba “as máis de 2.000 persoas que visitaron a mostra na pasada edición”, e que este ano aspiran a superar. Besada quixo ter un especial agradecemento “ao traballo de tódalas persoas e colectivos que fan posible a mostra: asociacións, voluntariado, colexios, etc.” e aproveitou o rexedor local para convidar a visitar Salceda durante esta fin de semana “non só ás persoas amantes da camelia, senón tamén ás que se acheguen a desfrutar da ampla programación preparada para toda a fin de semana”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.