8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSalceda acolle un curso sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de...

    Salceda acolle un curso sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes

    A acción formativa organizada pola Asociación Forestal de Galicia desenvolverase este xoves 31 a partir das 16 horas

    A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este outono en toda Galicia un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. O próximo curso, que abordará a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, desenvolveranse este xoves 31 en Salceda de Caselas, na Casa de Cultura de Picoña, a partir das 16 horas.

    O obxectivo do curso sobre xestión de xuntas reitoras é revisar aspectos básicos de cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación da xestións dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están sometidas as comunidades de montes.

    A actividade permitirá que as persoas asistentes actualicen os seus coñecementos para impulsar unha mellora na xestión forestal e organizativa dos seus montes.

    O programa de cursos da AFG, que conta co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), é gratuíto, pero é precisa a inscripción previa, ben a través do e-mail afg@asociacionforestal.org, ben a través dos teléfonos 981 564 011, 986 660 864 e 618 752 214.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.