13.9 C
Pontevedra
Luns, 24 de Xaneiro de 2022
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoA Levantina despedirá a máis do 20% do persoal do seu centro...

    A Levantina despedirá a máis do 20% do persoal do seu centro do Porriño

    O comité de empresa da trasnacional Levantina y Asociados de Minerales, referente mundial no sector da pedra natural, celebrou hoxe unha asemblea de traballadores e traballadoras para analizar o ERE extintivo que afectará a 33 persoas no centro de traballo do Porriño, o que representa máis do 20% do persoal. A representación sindical volverá a convocar aos traballadores unha vez se celebren as primeiras xuntanzas coa dirección, previstas para o vindeiro mércores 20 e para o xoves 21.

    O grupo alacantino aplicaralle un ERE extintivo a máis da metade dos seus 600 empregados/as, a maior parte nos centros de traballo de Novelda, aínda que no caso do Porriño suporá o despido de 33 dos case 160 traballadores/as, o que supón máis dun 20% do cadro de persoal. Destes, 25 serían da área de produción e 8 de oficinas, aínda que Levantina aínda non detallou de que modo se levará a cabo a rescisión dos contratos.

    Dende o comité de empresa (3 delegados/as da CIG, 3 de CCOO e 3 da UGT) de Levantina explican que as negociacións do ERE desenvolveranse en Alacante os vindeiros días 20, 21, 26 e 27 de marzo e 2, 3 e 9 de abril, sendo a data tope das conversas o 12 de abril. “A empresa anunciou que a medida aplicarase, haxa acordo ou non, o vindeiro 31 de xullo”, indican os representantes da CIG.

    Entre as causas que esgrime a dirección para xustificar os despidos atópanse supostas perdas económicas derivadas dun exceso de produción e do descenso das ventas, así como problemas de distribución.

    Na asemblea celebrada hoxe no centro de traballo do Porriño, o conxunto do cadro de persoal amosouse contrario ao ERE, abrindo a posibilidade de convocar protestas no caso de que a información que a empresa lle traslade á comisión negociadora non satisfaga ao cadro de persoal. “Acordamos volver a a convocar unha asemblea para analizar os detalles que nos facilite a dirección nas dúas primeiras xuntanzas, que terán lugar en Alacante os vindeiros mércores 20 e xoves 21”.

    Con todo, dende o comité adiantaron, tal e como se decidiu na asemblea de hoxe, que proporán que o ERE “se lle aplique aos maiores de 55 anos e a quen teña cotizado un mínimo de 35 anos”. “Tamén abrimos a posibilidade de que aquelas persoas que queiran acollerse voluntariamente poidan anotarse nunha lista que se lle trasladará á empresa”, sinalaron fontes sindicais.

    COLABORACIÓNS

    Xosé Monteagudo, «Eternity»

    Xosé Monteaguro volve a sorprendernos coa súa nova novela, «Eternity», que chega a nós avalada polo premio de narrativa breve Repsol do ano pasado. Nesta ocasión o autor indaga sobre a eterna arela de transcendencia alén da morte, pois a trama desenvólvese arredor da creación dunha empresa tecnolóxica (que presta o título ao relato), ideada para preservar a memoria dos falecidos. Un auténtico cemiterio virtual ateigado de narracións do que foron as vidas dos seus inquilinos, relatadas por familiares e amigos. Deste xeito achégase á idea da morte dende unha perspectiva diferente, pois o protagonismo está na reconstrución das vidas dos mortos, no recurso da memoria como bálsamo para aliviar a perda do ser querido.

    ¡Llega el 2022! el año de los patitos… ¡esperemos que no feos!

    Ha finalizado el año 2021, ese que todo el mundo decía que iba a ser el de la recuperación, el del adiós del dichoso Covid. Ilusos. Algunos pensaban que al comenzar el 2021, con las vacunas ya comenzando a administrarse a la población, el dichoso virus iba a desaparecer cómo un mal sueño. La realidad ha resultado ser muy diferente.

    «A nena lectora» de Manuel Rivas e «De cando o Suso foi Carteiro» de Xosé Neira Vilas, dúas ideas para a ‘carta aos Reis Magos’

    É tradición neste Andel colocar algúns libros para nenos cando chegan as datas do Nadal e este ano, por aquilo de manter as nosas vellas teimas, traemos dúas obras que de seguro farán as delicias dos máis pequenos (e dos non tan pequenos, que nunca somos demasiado vellos para deixarnos enredar por unha obra ben escrita). Pertencen a dous autores que non dubidamos en considerar clásicos: Manolo Rivas e Xosé Neira Vilas, que é tanto como dicir dúas apostas sobre seguro. Teñámolos moi presentes á hora de redactar a nosa misiva aos Reis Magos.

    Rumbo al 2022

    Todos necesitamos pulsar el botón “reset” de vez en cuando, poner un punto y final y volver a empezar de cero. Sin duda, el 1 de enero es el mejor momento, o eso dice el mundo que nos rodea.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    15 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    8 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    55 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    38 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    4 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS