O Concello de Mos pon en marcha un ano máis a tradicional “excursión ao parque acuático Amarante” dirixida ás familias e poboación en xeral, tendo preferencia as empadroadas en Mos.
Os menores de idade deberán ir acompañados polos seus pais/nais/titores.
O prazo de inscrición está aberto desde hoxe ata o 29 de agosto por rigurosa orde de entrada.
A listaxe de admitidos será publicado o 30 de agosto na páxina web do concello e na OMIX. Unha vez admitidos o pago será efectuado os días 30 e 31 de agosto, no número de conta que figurará na lista de admitidos
A entrada para os menores de 4 anos é de balde; nenos de 5 a 11 anos e maiores de 65 anos pagarán 20 €, o prezo para o resto de poboación, de 12 e 65 anos é de 30 €.
Disporase de prazas ata ocupar un autobús compreto, e serán por rigorosa orde de entrada polo rexistro.
De non cubrirse un mínimo de 45 prazas non se levará a cabo a actividade.
Esta viaxe non inclúe almorzo, pódese levar da casa ou adquirilo nos espazos dispoñibles no interior do parque acuático.
Deberán ir provistos do DNI todos/as os/as participantes.
Dende a dirección do parque acuático avísase que non se pode acceder ó parque con bebidas en botes de vidro, coitelos e cubertos de metal, accesorios de praia (parasois, colchóns, balóns, cadeiras…). O parque conta con zoas de sombra e servizo de tumbonas e parasois por 2,90 €.
PROGRAMACIÓN:
- 09:30: Saída do Multiusos das Pozas de Petelos con dirección ao parque acuático de Amarante
- 11:30: Chegada aproximada ao parque acuático
- 19:00: Recollida do grupo para o regreso
- 19:30: Viaxe de volta Amarante-Mos
- 21:00: Chegada aproximada ao concello