16.5 C
Pontevedra
Martes, 4 de Outubro de 2022
Máis
    HomeLouriñaMosMos forma voluntarios para os puntos lila

    Mos forma voluntarios para os puntos lila

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro, informan de que o Centro de Información á Muller, CIM de Mos, pon en marcha un programa de formación destinado a sensibilizar á xuventude en igualdade e violencia de xénero.

    O obxetivo é crear un grupo de voluntarios que colaborarán co CIM nas campañas que este realiza durante todo o ano especialmente colaborando nos “puntos lila” que o Concello instala nas festas, verbenas, concertos, festivais e diferentes actividades culturais e iniciativas varias de lecer. Levan todo este verán instalándose puntos lila en actividades e eventos celebrados no concello.

    Co lema “EstaMOS de festa pero non todo vale” esta campaña xurde a raíz do aumento de agresións sexuais en xóvenes consecuencia da sumisión química que nos últimos meses veñen acontecendo.

    Os interesados poden inscribirse a través do formulario “punto lila” que atoparán na páxina web do Concello www.mos.es.

    Unha vez inscritos, o persoal do CIM porase en contacto con eles para informarlles dos detalles da xornada formativa entre as profesionais e os voluntarios, que terá lugar o sábado día 8 de outubro de 10:30 h a 13:30 h na Axencia de Colocación de Mos. Consistirá nun almorzo e netwokking seguido de formación en igualdade e xénero, na que se impartirán conceptos básicos na atención e sensibilización a usuarias vítimas de violencia machista e situación de vulnerabilidade.

    Para máis información, os interesados/as poden poñerse en contacto co persoal do CIM a través do teléfono 673069866 ou do correo electrónico cimxuridica@concellomos.es.

    O CIM de Mos conta con apoio incondicional da Xunta de Galicia desde a súa creación en 2017.

    Máis info sobre o CIM mosense

    O Centro de Información á Muller de Mos conta con tres traballadoras: a directora, que é a educadora municipal, unha psicóloga e unha avogada. Ás suas instalacións atópanse ubicadas nos baixos do edificio municipal que alberga as dependencias de Urbanismo.

    O horario de atención do CIM é o seguinte: atención psicolóxica os luns e mércores, de 09.00 horas a 14.00 horas, e a atención xurídica os martes e venres de 09.00 horas a 14.00 horas e os xoves de 15.30 horas a 20.30 horas; de xeito que o centro está aberto tódolos días da semana de luns a venres.

    O teléfono para pedir cita para o CIM é o mesmo que o do departamento municipal de Servizos Sociais, o 986337278.

    COLABORACIÓNS

    Heterodoxos

    A editorial Galaxia vén de sacar do prelo unha nova colección que, baixo a denominación xenérica de «Heterodoxos», pretende darlle voz a autores ou obras que, polas súas peculiaridades, non teñen cabida dentro das coleccións habituais das editoriais.

    Teatro para nen@s

    Sempre fun dos que defenden a valía do teatro como asignatura en todos os niveis da educación. Polas súas evidentes compoñentes pedagóxicas e pola súa capacidade para aprender a expresarnos en público e a empatizar con outros, tan distintos de nós, merecería un espazo de honra no noso curriculo educativo. Por iso non quero deixar pasar o inicio do novo curso escolar sen facer un par de recomendacións de pezas teatrais dirixidas aos máis pequenos da casa.

    Ramón D. Veiga, «Zoom»

    En ocasións, a literatura xorde dun puro divertimento, dun simple xogo que alicerza a escrita e do que o autor ou autora se fai partícipe dende o inicio. Hai exemplos numerosos ao respecto, ás veces concibidos como simples exercicios de estilo, outras, como argalladas transgresoras coas que experimentar un xeito determinado de escribir. O que hoxe traemos a este espazo parece encaixar perfectamente nese prantexamento lúdico.

    ¡Galicia negra!

    En estos últimos días, mejor dicho ya semanas, estamos volviendo a la cruda realidad de ver a nuestra Galicia de nuevo ennegrecida por el humo y por los incendios. No es algo que nos pille de sorpresa, por desgracia ya es algo habitual desde hace muchos años aunque, este año, se ha adelantando en el tiempo, ya que lo que solía ocurrir principalmente a finales de verano, debido a la climatología de este año, ya está sucediendo en estos meses.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    69 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    40 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    4 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS