18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosA Xunta concédelle a Mos o 6º Programa Integrado de Emprego tras...

    A Xunta concédelle a Mos o 6º Programa Integrado de Emprego tras prorrogar o actual ata o 20 de decembro

    A nova edición deste Programa beneficiará a outras 100 persoas en situación de desemprego. En todas as edicións anteriores logrouse superar o 70% de inserción laboral entre os participantes

    Cando aínda se atopa en marcha o V Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 3.0, para o que se concedeu unha prórroga ata o vindeiro 20 de decembro, desde a administración local mosense vense de recibir a boa nova da concesión da VI Edición do Programa de Emprego por parte da Xunta de Galicia.

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Empresarial, Economía e Emprego mosense, Julia Loureiro, informaron esta mañá de que se porá en marcha a sexta edición do Programa Integrado de Emprego “MOS 3.0. 2020/2021”, durante o vindeiro mes coincidindo co remate do V Programa Integrado de Emprego Mos 3.0.

    Para elo ponse en marcha a selección dos 100 participantes no Programa que serán persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI), persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas, persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluídas as perceptoras de Risga) e persoas desempregadas con discapacidade.

    Ante esta boa nova a rexedora local mosense e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego expresaron hoxe “a súa satisfacción por lograr unha continuidade nun Proxecto que realmente é efectivo na mellora da empregabilidade dos participantes e na súa inserción. Os programas integrados resultaron ser unha das ferramentas máis útiles dentro das políticas activas de emprego desenvolvidas desde o Concello de Mos para conseguir unha porcentaxe tan alta de insercións. Igualmente, é unha das mellores ferramentas, para traballar man a man coas empresas, cubrindo as súas necesidades de persoal, e tendo en conta as súas necesidades en canto aos perfís dos participantes, ofrecendo aos mesmos unha formación que lles permita adaptar os seus perfís a esas necesidades que as empresas nos indican”. E agredecéronlle “á Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que financia estes programas, que continúe a confiar e a apostar por Mos despois de tantos anos; o que quere dicir que os resultados dos nosos programas son óptimos e satisfactorios”.

    Selección de participantes

    A selección de participantes neste programa realizaraa a Oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia, para cuxo efecto abrirá unha lista, e as persoas interesadas en optar a este plan xa poden efectuar a súa inscrición na súa oficina de emprego, citando o seu interese en participar no Programa Integrado de Emprego Mos 3.0 para os anos 2020-2021, do Concello de Mos (código 930). Tamén se poderán dirixir directamente á concellería de Promoción Empresarial, Economía e Emprego, situada na Axencia de Colocación de Mos (Estrada. de Peinador, 39, 36416, Mos) e manifestar o seu interese en participar no Programa. Poden solicitar cita no teléfono 986487786 ou info@axenciadecolocacionmos.es . Pode participar no Programa calquera persoa interesada que pertenza a un dos colectivos citados e poden participar persoas que participaran en Programas Integrados anteriores.

    Nos anteriores Programas de Emprego conseguíuse unha porcentaxe superior ao 70% de insercións. As accións que se desenvolven con todalas persoas participantes son información, orientación e asesoramento, formación transversal en novas tecnoloxía e/ou idiomas, coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento de capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes, formación para o emprego, prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia e talleres de mobilidade laboral transnacional no territorio da Unión Europea (redes Eures).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.